----

O CONSELLO DA CULTURA PRESENTA UN CD DE MANUEL DOPAZO, CONSIDERANDO O MÁIS GRANDE GAITEIRO DA EMIGRACIÓN

O Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá este venres, 3 de xuño, ás 12´30 horas, a presentación do CD "Crónicas porteñas", que reúne unha parte do legado musical de Manuel Dopazo (1882-1952), considerado por moitos como o máis grande gaiteiro da emigración.

Natural de Silleda e emigrado a Arxentina nos albores do século XX, Dopazo converteuse nunha figura de grande sona, xa que creou a primeira agrupación de gaitas da que se ten noticia e deixou 23 composicións da súa autoría.O CD foi editado pola discográfica "Ouvirmos" e o traballo de recuperación e reedición contou coa colaboración do Arquivo Sonoro de Galicia, do CCG.

Na rolda de prensa intervirán: Ramón Castromil, vicepresidente do CCG e director do Arquivo Sonoro de Galicia, e Ramón Pinheiro Almuinha, director artístico de"Ouvirmos"