----

O CONSELLO DA CULTURA PRESENTA ESTE MARTES O CATÁLOGO DO FONDO “GUERRA CAMPOS” DA CATEDRAL DE SANTIAGO

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará este martes, día 1 de marzo, o catálogo do fondo documental "Guerra Campos" do Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela.

A rolda de prensa celebrarase ás 12´00 horas, no salón de actos do CCG, e contará coas intervencións de:

- Alfonso Zulueta de Haz, presidente do CCG
- José María Díaz Fernández, canónigo e director do Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago
- Eduardo Pardo de Guevara, coordinador da Sección de Patrimonio Histórico do CCG e director do Instituto Padre Sarmiento

Este fondo documental é resultado das investigacións, estudos e anotacións realizadas por José Guerra Campos, quen foi bispo auxiliar de Santiago e, máis tarde, bispo de Cuenca, e un dos principais estudosos do tema xacobeo. Contén 3.200 unidades documentais e, principalmente, información relacionada cos traballos sobre o tema xacobeo e a catedral compostelá. O autor agrupou estes documentos baixo o título xenérico "Santiaguismo".

Esta catalogación inscríbese no marco da colaboración iniciada hai máis de tres anos entre o Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago e o Consello da Cultura Galega. Froito desta colaboración foron tamén o Catálogo da Colección López Ferreiro e o Catálogo de Manuscritos do Arquivo da Catedral compostelá. O traballo continuará este ano coa catalogación da serie "Varia" integrada por máis de 260 documentos.