----

O CONSELLO DA CULTURA CONMEMORA O DÍA DA MULLER COA PRESENTACIÓN DUNHA COMISIÓN TÉCNICA DE XÉNERO

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, o Consello da Cultura Galega (CCG) presentará este martes, día 8, un novo grupo de traballo da institución: a Comisión Técnica de Xénero, pertencente á Sección de Filosofía e Pensamento.

Na rolda de prensa participarán o presidente do CCG, Alfonso Zulueta de Haz, o coordinador da Sección, Andrés Torres Queiruga, e os membros da Comisión: Carme Adán, María Xosé Agra Romero, Pilar Cagiao Vila, Encarna Otero Sánchez, María do Carme Pérez Pais, Ana Romaní Blanco, María Luisa Sobrino Manzanares, Carme Vidal e Dolores Vilavedra Fernández.

- Lugar: salón de actos do CCG. Pazo de Raxoi.

- Hora: 17:30