Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos

Ramón Villares, Xosé Ramón Barreiro e Fernando Salgado presentaron como "singular, espléndida e oportuna" a publicación "Primeiros diarios galegos (1808-1809)"
14/10/2008

Fernando Salgado, Ramón Villares e Xosé Ramón Barreiro, na presentación da publicación que se levou a cabo no Salón de Actos

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2008.- A publicación PRIMEIROS DIARIOS GALEGOS 1908-1909, editada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia é unha contribución “singular, espléndida e oportuna sobre o nacemento da prensa galega”. Así a definiron Ramón Villares, Presidente do CCG; Xosé Ramón Barreiro Fernández, Presidente da Real Academia Galega, e Fernando Salgado, Secretario Xeral de Comunicación. Trátase de mais de dúas mil páxinas en catro volumes que inclúen: “Estudos críticos” e as edicións facsimilares de “Diario de Santiago”; “Apéndice al Primitivo Diario de Santiago”, “Gazeta de la Coruña” e “Telégrafo Político y Literario de la Coruña” e “Diario de la Coruña”. Da coordinación da edición ocupáronse Xosé López García e Rosa Aneiros.

Descargue o prólogo da publicación na Mediateca do Consello

A publicación aparece o ano que sinala o bicentenario da Guerra da Independencia contra o exército francés e reforza a atención que desde o CCG se prestou e presta á comunicación. “É unha obra da que se pode aprender”, segundo Ramón Villares, quen agradeceu a colaboración da Secretaría Xeral de Comuniciación para poder recuperar en edición facsimilar as primeiras c abeceiras galegas nacidas en 1808 e desaparecidas en xaneiro de 1809 coa chegada dos franceses a Galicia.

Xosé Ramón Barreiro Fernández subliñou o feito de que “por unha vez Galicia non perdeu o tren dos acontecementos” e fixo notar que entre 1808 e 1815 houbo aquí 43 xornais impresos, a cifra mais alta nese momento en España. Para o Presidente da Real Academia Galega esta publicación “dignifica a conmemoración da efeméride histórica”.

Fernando Salgado, Secretario Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, apuntou que o estudo dos primeiros diarios galegos “nacidos en tempo de guerra, como arma de propaganda e movilización, ilustra tamén sobre a complicidade entre o poder e os medios de comunicación”.

A explicitación das diferenzas entre absolutistas e liberais e a convulsión causada pola invasión dos exércitos de Napoleón son o escenario dos nacemento dos primeiros diarios galegos cunha clara vontade informativa e de opinión.. Como precisan Xosé López e Rosa Aneiros, “As referencias contínuas ao contraste das informacións, a verosimilitude dos datos, a figura do redactor, o recurso estilístico da primeira persoa no relato informativo, a nomenclatura empregada, as referencias xornalísticas a outros medios españois e europeos como fontes, ou mesmo a apelación directa aos lectores son elementos que nos fan abandonar o estilizado discurso literario de “El Catón Compostelano” (1800) e comezar a falar de prensa informativa”.

O traballo de localización e edición dos cinco títulos analizados realizouno a profesora, escritora e técnica do Consello da Cultura Galega, Rosa Aneiros, coa colaboración de X. R. Barreiro Fernández. A decisión de acoller estas cabeceiras e non incluir outras posteriores veu determinada, ademais de pola súa importancia histórica, polo non abondoso número de exemplares existentes na actualidade.

Para a iniciativa cotnouse coa colaboración importantísima da Real Academia Galega, e tamén da Biblioteca Naiconal de Galicia, o Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, o Arquivo do Reino de Galicia, o Museo de Pontevedra, Andrés Pascual e a Hemeroteca Municipal de Madrid.

Os estudos críticos, incluídos no primeiro dos catro tomos, foron elaborados por: Prudencio Viveiro Mogo (Os promotores dos primeiros diarios galegos: Diario de Santiago e Diario de la Coruña); Rosa Aneiros Díaz e Xosé López García (O nacemento da prnesa diaria galega: as noticias “más ciertas y testimoniadas, oculares” como grande arma contra o invasor); Xosé R. Veiga Alonso (Galiza e a súa presenza nos primeiros diarios galegos); Elías Durán de Porras (Da Coruña a Londres. Os xornais galegos, fonte informativa da prensa e do goberno inglérs na Guerra da Independencia); Xosé Ramón Barreiro Fernández (Palabgra snovas para tempos novos. Aoproximación ao léxico ideolóxico e político do primeiro xornalismo galego (1808-1814) e Jesús de Juana López (As orixes ideolóxicas da oposición francesa (maio, xuño e xullo de 1808). O bispo de Ourense D. Pedro de Quevedo).

Este proxecto editorial continúa a liña de traballo iniciada no ano 2000 polo Consello da Cultura Galega coa edición facsimilar do primeiro fito do xornalismo en Galicia: “El Catón Compostelano” (1800).

Pode ver o vídeo da entrevista a Xosé Ramón Barreiro en culturagalega.org

imprimir enviar por correo electrÓnico
COMPARTIR
ÚLTIMAS NOTICIAS

30-M.- Katlenn March e Jonathan Dunne, na cuarta xornada do congreso “Rosalía no século XXI”, que analizará a proxeción internacional da escritora
Santiago de Compostela, 2013-05-24

Máis de 200 persoas seguiron en Bonaval o Concerto “Día das Letras Galegas”, música e palabra arredor dos “Cantares Gallegos” rosalianos
Santiago de Compostela, 2013-05-16

O Consello da Cultura inaugurou en Ourense a exposición “Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)”
Santiago de Compostela, 2013-05-08

Ramón Villares falou en Munich sobre “O exilio republicano español. Luces e sombras da España Peregrina”
Santiago de Compostela, 2013-05-06

O Consello da Cultura Galega presentou o libro-homenaxe a Roberto Vidal Bolaño co facsímile da peza teatral inédita “Ruada das papas e o unto”
Santiago de Compostela, 2013-05-02

Xornada de debate sobre “Artes Escénicas: situación e perspectivas” con intervencións de Eduardo Alonso e Manuel F. Vieites
Santiago de Compostela, 2013-04-30

A exposición “Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración”, inaugurouse o 1 de maio en Arbo
Santiago de Compostela, 2013-04-30

Investigación »

ARQUIVO DE COMUNICACIÓN
Estudios de Comunicación

A primeira publicación científica sobre o sector creada en Galicia
Documentación »

ARQUIVO SONORO DE GALICIA
Vento que zoa

A sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega procura a complicidade de todos e mostra unha selección dos nosos compositores
Documentación »

ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA
ESTUDOS MIGRATORIOS: revista galega de análise das migracións. Nova Xeira

Revista científica coeditada polo Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Investigación »

CENTRO DE DOCUMENTACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA DE GALICIA
LINGUA EN TITULARES

Consulta as novas, opinións e reportaxes sobre o galego na prensa dixital sen cambiar de páxina. Coñece tamén o que se di no Twitter sobre a nosa lingua

MAPA INTERACTIVO

MAPA INTERACTIVO »
Equipamentos culturais
MAPA INTERACTIVO »

MAPA INTERACTIVO

As escolas da Emigración
Recuperación do legado educativo da emigración

ROTEIROS

ROTEIROS »
Roteiros da Cultura
Viaxes temáticas a redor do noso territorio
• O Mapa Cultura Galego é un amplo directorio de equipamentos e infraestruturas culturais en toda Galicia, xeolocalizadas

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205

Acción exterior do Consello da Cultura Galega

• Convenios e colaboracións
• Exposicións
• Recuperación documental
• Centros de estudos galegos
• Congresos da AIEG