Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos

O filósofo Xavier Rubert de Ventós abrirá o foro "O valor crítico dos bens culturais", organizado polo Consello da Cultura Galega
16/10/2008

<em>Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2008.</em>- “A visión crítica dos bens culturais e a súa conservación, que é ante todo unha mentalidade, obríganos a entendela desde unha conciencia colectiva activa e reflexiva”, dixo Iago Seara, arquitecto e coordinador do Foro de debate <a href="http://consellodacultura.org/?page_id=637">“O valor crítico dos bens culturais”</a>, que terá lugar os días 23, 24 e 25 de outubro no Consello da Cultura Galega coa participación de trinta expertos. Para o Presidente da institución, Ramón Villares, este foro, o quinto dos seis organizados este ano, resulta particularmente necesario en Galicia polo valor cuantitativo e cualitativo do seu patrimonio.


<!--more-->A apelación á conciencia colectiva activa e reflexiva foi explicada por Iago Seara polo feito de que a historia da cultura material “e expresión da actuación da humanidade e da historia dos pobos pero está, ao mesmo tempo, enmarcada nos límites ou horizontes da conciencia ou da sensibilidade colectiva e contemporánea”. Esa visión crítica será abordada desde unha perspectiva pluridisciplinar coa participación, entre outros, do filósofo Xavier Rubert de Ventós, que abrirá o foro co relatorio “Os bens da conciencia crítica”, o arquitecto César Portela, o economista Xosé Manuel Beiras; o politólogo Xosé Luís Barreiro Rivas, o historiador da arquitectura, William J. R. Curtis, a escritora Susana Fortes, o artista Antón Patiño ou o profesor Alberto Ruiz de Samaniego. No debate terán tamén voz representantes do Minsiterio e da Consellería de Cultura. O foro, coordinado por Iago Seara e con David Chao como secretario, prestará atención ás dimensións da memoria, a historia e a identidade e á súa proxección na creación e na producción contemporáneas. Por eso os debates abordarán a mentalidade ou conciencia crítica dos bens culturais a través de pensadores e creadores e desde as prácticas creativas e a cultura crítica da contemporaneidade, afirmou Iago Seara.


<strong>12 SESIÓNS MULTIDISCIPLINARES</strong>

Xoves, 23.- As sesións abriranse ás 10 horas con tres intervencións destacables: o filósofo Xavier Rubert de Ventós falará sobre “Os bens da conciencia crítica” e terá como retrucantes a César Portela, arquitecto, e Xosé Manuel Beiras, catedrático de Economía. Seguiralles o relatorio de Simón Marchán, catedrático de Estética (“Os bens da memoria e da identidade. Procesos no global e no local”) retrucado por Xosé Luís Barreiro Rivas, politólogo, e Pedro López, profesor de Biblioteconomía. Xa pola tarde, ás 16´30 horas, o conselleiro de Cultura de Murcia, Pedro Alberto Cruz Sánchez falará sobre “Estratos da memoria, estratos dos bens da cultura”, xunto con Vicente Lull, catedrático de Prehistoria, e Isabel Durante, crítica de arte. Cerrará a xornada o relatorio “Os bens da arquitectura” a cargo de William J. R. Curtis, crítrico de arquitectura, xunto con Juan Miguel Hernández de León, director da Escola de Arquitectura de Madrid.

Venres, 24.- As 10 horas a escritora Susana Fortes falará sobre “Os bens da escritura”, e terá como retrucantes a Daniel Buján, xefe de servicio da Biblioteca Nacional de Galicia, e María do Cebreiro, poeta. Antòn Patiño, artista visual, referirase a “Os bens da arte” xunto con Araceli Pereda, ex directora xeral de Patrimonio da Comunidade de Madrid. Pola tarde, Alberto Ruiz de Samaniego, director da Fundación Luís Seoane, reflexionará sobre “A poética do artista e da cidade”, complementado por Felipe Criado, subdirector do CSIC. A última sesión, “Os bens culturais: mobles” será protagonizada por María José Martrínez Justicia, profesora de Historia da Arte, xunto con José María Cabrera, químico e restaurador, e Antón Castro, historiador da arte.

Sábado 25.- Ás 10 horas, Ignacio González Varas, profesor de Restauración, ocuparase de “Os bens culturais: inmobles”, tretrucado por Federico Garrido, subdirector xeral de conservación e restauración de Bens Culturais da Xunta de Galicia, e David Chao, profesor de Historia da Arte. Ás 12´15 horas, a derradeira sesión proporá unha reflexión sobre “Os bens culturais e a administración” coa intervención de Alfredo Pérez de Armiñán y de la Serna, presidente de Hispania Nostra; Felipe Arias, Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Antón Castro, Subdirector do Instituto do Patrimonio Histórico Español, e de Iago Seara, arquitecto e profesor da Escola de Arquitectura da Coruña.

imprimir enviar por correo electrÓnico
COMPARTIR
ÚLTIMAS NOTICIAS

O Consello da Cultura presentou LEME, aplicación gratuíta e aberta para móbiles, con acceso aos equipamentos e recursos culturais galegos
Santiago de Compostela, 2013-06-18

Máis de 500.000 descendentes de emigrantes e exiliados españois en Iberoamérica solicitaron a nacionalidade española da man da Lei da Memoria Histórica
Santiago de Compostela, 2013-06-14

Siga en directo o Seminario "Migracións e memoria histórica"
Santiago de Compostela, 2013-06-14

O exministro de Xustiza, Francisco Caamaño, lamentou “a caída no olvido das políticas públicas impulsadas pola Lei da Memoria Histórica”
Santiago de Compostela, 2013-06-13

Máis de catrocentas voces soaron en Bonaval-Compostela na xornada “NO BICO UN CANTAR. NENOS E NENAS CANTAN A ROSALÍA”
Santiago de Compostela, 2013-06-07

Presentado o informe “Recuperación da documentación e memoria do Movemento Feminista Organizado en Galicia”
Santiago de Compostela, 2013-06-06

O Consello da Cultura Galega publica o informe “A comunicación en Galicia 2013”, o último en formato papel
Santiago de Compostela, 2013-06-03

Investigación »

ARQUIVO DE COMUNICACIÓN
Estudios de Comunicación

A primeira publicación científica sobre o sector creada en Galicia
Documentación »

ARQUIVO SONORO DE GALICIA
Vento que zoa

A sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega procura a complicidade de todos e mostra unha selección dos nosos compositores
Documentación »

ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA
ESTUDOS MIGRATORIOS: revista galega de análise das migracións. Nova Xeira

Revista científica coeditada polo Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Investigación »

CENTRO DE DOCUMENTACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA DE GALICIA
LINGUA EN TITULARES

Consulta as novas, opinións e reportaxes sobre o galego na prensa dixital sen cambiar de páxina. Coñece tamén o que se di no Twitter sobre a nosa lingua

MAPA INTERACTIVO

MAPA INTERACTIVO »
Equipamentos culturais
MAPA INTERACTIVO »

MAPA INTERACTIVO

As escolas da Emigración
Recuperación do legado educativo da emigración

ROTEIROS

ROTEIROS »
Roteiros da Cultura
Viaxes temáticas a redor do noso territorio
  • O Mapa Cultura Galego é un amplo directorio de equipamentos e infraestruturas culturais en toda Galicia, xeolocalizadas

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205

    Acción exterior do Consello da Cultura Galega

  • Convenios e colaboracións
  • Exposicións
  • Recuperación documental
  • Centros de estudos galegos
  • Congresos da AIEG