----

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA CELEBRA MAÑÁ UN DEBATE SOBRE "UNHA CONSTITUCIÓN PARA EUROPA"

O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará mañá, mércores, día 9 de febreiro, ás 18´30 horas, unha xornada de reflexión e debate sobre un tema da máxima actualidade nestes días: "Unha Constitución para Europa".

Os relatores serán cinco recoñecidos politólogos, os profesores:
- Marc Carrillo, catedrático de Dereito Constitucional da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona
- Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago
- Xosé Luís Barreiro, profesor de Ciencia Política da Universidade de Santiago- José Ignacio Lacasta, catedrático de Filosofía do Dereito da Universidade de Zaragoza
- Ramón Cotarelo, catedrático de Ciencia Política da Universidade Complutense de Madrid.
A sesión terá lugar no salón de actos do CCG e a entrada é publica.