Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos

O Plenario do Consello da Cultura Galega chama a atención sobre os efectos negativos do aumento do IVE nas industrias culturais galegas
30/07/2012

Os novos tipos impositivos do IVE (Imposto sobre o Valor Engadido) aumentarán os prezos dalgúns produtos culturais e van supoñer un perigo para futuro da actividade produtiva das empresas dedicadas ao espectáculo e á oferta de servizos culturais. Así o pon de manifesto un informe do Observatorio da Cultura Galega, do Consello da Cultura Galega. O Plenario da institución expresou “a súa preocupación polos efectos negativos que o incremento dos tipos do IVE terá no desenvolvemento da cultura galega”. Cómpre lembrar que o sector cultural supón o 2 por cento do PIB (Produto Interior Bruto) galego e emprega a máis de 30.000 persoas, ou sexa, un 2´8 por cento do total dos traballadores. O informe estima que neste escenario o gasto cultural do 2012 en Galicia situarase en niveis próximos ao 2005.

Os novos tipos impositivos do IVE aumentarán o prezo dunha forma importante nalgúns produtos culturais, sempre que os empresarios non decidan asumilo. O informe elaborado polo Observatorio da Cultura Galega, do Consello da Cultura Galega, sinala que os incrementos mais grandes prodúcense en certo tipo de produtos e servizos, sobre todo os relacionados cós espectáculos (artes escénicas, exhibición de cine, música en vivo…), que pasan dun gravame do 8 ao 21%. Os incrementos suporían que o prezo medio dunha entrada de teatro en Galicia pasase duns 5,3€ a 6€, a dos concertos de música popular de 5,5€ a 6,2€ e unha de cine chegue a un prezo medio de case 7,5€.

Para realizar un cálculo do impacto desta medida política na sector produtivo da cultura o informe achega unha serie de indicadores relacionados co consumo.

Os datos sobre consumo cultural indican unha caída dende 2008, cunha contracción do gasto de máis de 30 millóns de euros con taxas de crecemento negativo en aumento.


Gasto en bens e servizos culturais. Fonte: MCED

Se calculamos a variación no consumo dende o inicio da crise por subgrupos de gastos observamos a seguinte realidade:

Total -3,98%
Libros e publicacións periódicas: Libro non de texto -1,32%
Libros e publicacións periódicas: Publicacións periódicas 2,03%
Servizos culturais: Espectáculos -18,96%
Servizos culturais: Outros -19,74%
Equip. e acces. audiov. de tratamento da inform. E Internet: Audiov., fotográficos e cinematográf. 8,35%
Equip. e acces. audiov. de tratamento da inform. E Internet: Tratamento da información e Internet 1,18%
Outros bens e servizos: Soporte para o rexistro de imaxe, son e datos 16,50%
Outros bens e servizos: Outros -23,15%
Variacións de gasto cultural por subgrupos entre 2008 e 2010. Fonte: MCED

Como se pode apreciar, son precisamente os espectáculos e outros tipos de servizos e bens aqueles que xa están sufrindo un descenso maior.

No tocante á demografía empresarial, pese a que ata 2010 non se observa unha destrución importante de empresas, os conxuntos de actividades aos que afectan máis directamente as medidas impositivas xa se atopan en retroceso. Concretamente, pecháronse 31 empresas deste tipo entre 2009 e 2010.

Os autores do informe realizaron unha simulación do que suporía a subida do IVE nos termos coñecidos para o gasto cultural sobre os últimos datos da enquisa de gasto de consumo cultural nos fogares (MCED) a partir de datos do INE. Aplicamos un incremento específico para cada subgrupo de gasto, en función do recollido no Real Decreto-lei 20/2012, de 13 de xullo. Como é sabido, isto significa manter o tipo do 4% para libros e publicacións periódicas e aplicar o tipo xeral ao resto. Segundo os subgrupos de gasto que esta operación estatística nos permite desglosar, pasamos a aplicar as subas do 8% ao 21% para espectáculos e servizos culturais e do 18% ao 21% para o resto. Os resultados son os seguintes:

IVE antigo Novo IVE Incremento
Total 783,4 816,1 32,7
Libros e publicacións periódicas: Libro non de texto 67,2 67,2 0,0
Libros e publicacións periódicas: Publicacións periódicas 115,4 115,4 0,0
Servizos culturais: Espectáculos 53 59,4 6,4
Servizos culturais: Outros 130,5 146,2 15,7
Equip. e acces. audiov. de tratamento da inform. e Internet: Audiov., fotográficos e cinematográf. 142,7 146,3 3,6
Equip. e acces. audiov. de tratamento da inform. e Internet: Tratamento da información e Internet 214,1 219,5 5,4
Outros bens e servizos: Soporte para o rexistro de imaxe, son e datos 34,6 35,5 0,9
Outros bens e servizos: Outros 25,9 26,6 0,7
Gasto total en bens e servizos culturais (millóns de euros). Elaboración propia a partir de MCED e INE

Como se pode apreciar, para manter un nivel de consumo cultural semellante, os galegos terían que desembolsar 32,7 millóns de euros máis, maioritariamente en espectáculos e servizos culturais. Esta magnitude permítenos concluír que os prezos de bens e servizos culturais experimentarían unha subida media de case un 4,2%.

Non obstante, no contexto actual é moi difícil pensar que se manteña o nivel de consumo. As proxeccións máis conservadoras levaríannos a pensar que o gasto cultural en 2012 situarase en niveis próximos de 2005.

En relación con todo isto debemos ter en conta é o Índice de Prezos de Consumo. En Galicia, os prezos de produtos e servizos de ocio e cultura están estancados dende 2003, cando non evolucionando negativamente.

2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011
Índice xeral 3,8 3,1 3,0 3,4 3,5 2,5 4,2 -0,6 1,9 3,4
Ocio e cultura 2,7 0,8 0,3 -0,0 0,8 -0,5 -0,4 -0,4 -1,4 -0,1
Variación das medias anuais do IPC en Galicia. Fonte: INE

Este dato, lonxe de ser positivo, pode significar unha escasa demanda, e, por tanto, incidir negativamente na creación de emprego dun sector potencialmente estratéxico. Á vista desto, semella pouco probable que as empresas poidan repercutir a subida do IVE no prezo final dos seus servizos e produtos, o cal incidiría moi negativamente nas súas contas de resultados.

Para completar o panorama, segundo a Enquisa de condicións de vida das familias (IGE) os ingresos medios por fogar baixan de forma constante dende 2008. Por outra banda, a Enquisa coxuntural aos fogares (IGE) amosa que unicamente o 47% da poboación ten pensado “Saír a cear, a cafeterías, ir ao cine, ao teatro” nos próximos tres meses.

Á vista da realidade descrita, cabe esperar que a subida do IVE na cultura galega supoña poñer en perigo o futuro da actividade produtiva das empresas culturais dedicadas ao espectáculo e a outros servizos culturais, aquelas que sofren o incremento máis severo do IVE.

imprimir enviar por correo electrÓnico
COMPARTIR
ÚLTIMAS NOTICIAS

Xoves 20 ás 17 h.- Victoria Camps falará sobre “O lugar das emocións na política” no seminario “Os sentidos das culturas”
Santiago de Compostela, 2013-06-19

Satisfacción do Consello da Cultura Galega pola aprobación do dominio Punto Gal
Santiago de Compostela, 2013-06-19

O Consello da Cultura presentou LEME, aplicación gratuíta e aberta para móbiles, con acceso aos equipamentos e recursos culturais galegos
Santiago de Compostela, 2013-06-18

Máis de 500.000 descendentes de emigrantes e exiliados españois en Iberoamérica solicitaron a nacionalidade española da man da Lei da Memoria Histórica
Santiago de Compostela, 2013-06-14

Siga en directo o Seminario "Migracións e memoria histórica"
Santiago de Compostela, 2013-06-14

O exministro de Xustiza, Francisco Caamaño, lamentou “a caída no olvido das políticas públicas impulsadas pola Lei da Memoria Histórica”
Santiago de Compostela, 2013-06-13

Máis de catrocentas voces soaron en Bonaval-Compostela na xornada “NO BICO UN CANTAR. NENOS E NENAS CANTAN A ROSALÍA”
Santiago de Compostela, 2013-06-07

Investigación »

ARQUIVO DE COMUNICACIÓN
Estudios de Comunicación

A primeira publicación científica sobre o sector creada en Galicia
Documentación »

ARQUIVO SONORO DE GALICIA
Vento que zoa

A sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega procura a complicidade de todos e mostra unha selección dos nosos compositores
Documentación »

ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA
ESTUDOS MIGRATORIOS: revista galega de análise das migracións. Nova Xeira

Revista científica coeditada polo Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Investigación »

CENTRO DE DOCUMENTACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA DE GALICIA
LINGUA EN TITULARES

Consulta as novas, opinións e reportaxes sobre o galego na prensa dixital sen cambiar de páxina. Coñece tamén o que se di no Twitter sobre a nosa lingua

MAPA INTERACTIVO

MAPA INTERACTIVO »
Equipamentos culturais
MAPA INTERACTIVO »

MAPA INTERACTIVO

As escolas da Emigración
Recuperación do legado educativo da emigración

ROTEIROS

ROTEIROS »
Roteiros da Cultura
Viaxes temáticas a redor do noso territorio
  • O Mapa Cultura Galego é un amplo directorio de equipamentos e infraestruturas culturais en toda Galicia, xeolocalizadas

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205

    Acción exterior do Consello da Cultura Galega

  • Convenios e colaboracións
  • Exposicións
  • Recuperación documental
  • Centros de estudos galegos
  • Congresos da AIEG