Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos

As Pontes acolle ata o 23 de xullo a exposición OS ADEUSES, 73 fotografías da epopea migratoria galega
13/07/2012

O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) inauguraron o pasado 11 de xullo no Mercado Vello de As Pontes (Avenida de Ferrol s/n) a exposición itinerante “OS ADEUSES, 73 imaxes da emigración galega (1957-1963)” captadas polo fotoxornalista Alberto Martí. A exposición poderá verse ata o próximo 23 de xullo. Con anterioridade percorreu A Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, A Pobra do Caramiñal, Ferrol, Ourense e Fene.

O que podemos ver na mostra “OS ADEUSES. FOTOGRAFÍAS DE ALBERTO MARTÍ “é indicativo da grande epopea da emigración galega que cubre case dous séculos da nosa historia máis recente, neste caso unha etapa ben concreta da emigración americana, aquela que na década dos cincuenta estaba xa dando os últimos folgos”, en palabras de Ramón Villares, estudioso do fenómeno na súa condición de catedrático de Historia contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela. O Presidente do CCG subliña a importancia da relación entre emigración e fotografía, “un valioso acervo documental que merece ser recuperado e no que xa deu e seguirá dando pasos o noso Arquivo da Emigración Galega”.

“Os adeuses”, comisariada por José Caruncho, estrutúrase en tres áreas: A Ida, A volta e O Buque Santa María e ofrece instantáneas da partida de centos de emigrantes galegos desde os portos de Vigo e A Coruña entre 1957 e 1963. Complétase cunha reportaxe sobre a peripecia do buque “Santa María”, que cubría a ruta Caracas-Lisboa-Vigo, secuestrado polo Directorio Ibérico de Liberación (DRIL) en xaneiro de 1961 e que puido regresar ao porto de Vigo en febreiro dese mesmo ano.

Pilar Cagiao Vila, do Arquivo da Emigración Galega, do CCG, salienta no catálogo o reflexo, nas fotografías de Alberto Martí, de todas as circunstancias que rodearon a partida dos emigrantes: “desde a chegada ao porto, a terminal de pasaxeiros atestada, ata a espera da partida e a acomodación a bordo, pasando polo mundo dos trámites, os papeis e os funcionarios”.

O comisario da Mostra, José Carcuncho, propúxose “contar unha historia do que significou a emigración para miles de galegos, desde a ida ata, en moitos casos, o retorno á casa”. Alberto Martí Villardefrancos (A Coruña, 1922) agradece o traballo de José Caruncho e o activo compromiso do CCG e do CGAI e destaca o interese xornalístico das imaxes. “Non pensei que foran formar parte dunha exposición”, afirma, logo de lembrar que no seu arquivo conta con millóns de negativos.

As 73 fotografías están recollidas nun catálogo de 150 páxinas editado polo CCG con textos, en galego, castelán e inglés, de Ramón Villares, Alfonso Cabaleiro, Pilar Cagiao, María Teresa García Domínguez e José Caruncho.

imprimir enviar por correo electrÓnico
COMPARTIR
ÚLTIMAS NOTICIAS

Xoves 20 ás 17 h.- Victoria Camps falará sobre “O lugar das emocións na política” no seminario “Os sentidos das culturas”
Santiago de Compostela, 2013-06-19

Satisfacción do Consello da Cultura Galega pola aprobación do dominio Punto Gal
Santiago de Compostela, 2013-06-19

O Consello da Cultura presentou LEME, aplicación gratuíta e aberta para móbiles, con acceso aos equipamentos e recursos culturais galegos
Santiago de Compostela, 2013-06-18

Máis de 500.000 descendentes de emigrantes e exiliados españois en Iberoamérica solicitaron a nacionalidade española da man da Lei da Memoria Histórica
Santiago de Compostela, 2013-06-14

Siga en directo o Seminario "Migracións e memoria histórica"
Santiago de Compostela, 2013-06-14

O exministro de Xustiza, Francisco Caamaño, lamentou “a caída no olvido das políticas públicas impulsadas pola Lei da Memoria Histórica”
Santiago de Compostela, 2013-06-13

Máis de catrocentas voces soaron en Bonaval-Compostela na xornada “NO BICO UN CANTAR. NENOS E NENAS CANTAN A ROSALÍA”
Santiago de Compostela, 2013-06-07

Investigación »

ARQUIVO DE COMUNICACIÓN
Estudios de Comunicación

A primeira publicación científica sobre o sector creada en Galicia
Documentación »

ARQUIVO SONORO DE GALICIA
Vento que zoa

A sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega procura a complicidade de todos e mostra unha selección dos nosos compositores
Documentación »

ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA
ESTUDOS MIGRATORIOS: revista galega de análise das migracións. Nova Xeira

Revista científica coeditada polo Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Investigación »

CENTRO DE DOCUMENTACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA DE GALICIA
LINGUA EN TITULARES

Consulta as novas, opinións e reportaxes sobre o galego na prensa dixital sen cambiar de páxina. Coñece tamén o que se di no Twitter sobre a nosa lingua

MAPA INTERACTIVO

MAPA INTERACTIVO »
Equipamentos culturais
MAPA INTERACTIVO »

MAPA INTERACTIVO

As escolas da Emigración
Recuperación do legado educativo da emigración

ROTEIROS

ROTEIROS »
Roteiros da Cultura
Viaxes temáticas a redor do noso territorio
  • O Mapa Cultura Galego é un amplo directorio de equipamentos e infraestruturas culturais en toda Galicia, xeolocalizadas

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205

    Acción exterior do Consello da Cultura Galega

  • Convenios e colaboracións
  • Exposicións
  • Recuperación documental
  • Centros de estudos galegos
  • Congresos da AIEG