|
| MEDIATECA |
|
|
MILIARIOS
E OUTRAS INSCRICIÓNS VIARIAS ROMANAS
DO NOROESTE HISPÁNICO (CONVENTOS BRACARENSE, LUCENSE E
ASTURICENSE)
Antonio Rodríguez Colmenero, Santiago Ferrer Sierra
e Rubén D. Álvarez Asorey
Sección de Patrimonio Histórico
Esta publicación localiza, cataloga, transcribe e estuda
máis de 600 miliarios e outras inscricións viarias
de época romana na Gallaecia ampla. De cada un, a obra
ten unha ficha descritiva, fotografías e a correspondente
interpretación dos textos gravados. O coñecemento
destes vestixios resulta de capital importancia para achegármonos
a distintos aspectos da rede viaria que o Imperio romano foi tecendo
na Gallaecia e, polo tanto, para comprender mellor aquel importantísimo
período histórico.
|
|
| ¿COMO
VEXO AS PUBLICACIÓNS? |
| |
Os
libros están en formato PDF de Adobe. Deste xeito, podes velos
sen erros e tal e como saen do prelo, así como navegar dentro
deles.
O programa co que se poden ler e imprimir é o Adobe Acrobat
Reader. Podes descargalo de xeito gratuito aquí. |
| NORMAS
LEGAIS |
| |
Os
libros presentados aquí están protexidos polas leis
de dereitos de autor, teñen ISBN e dereitos sobre a propiedade
intelectual. Está prohibida a súa impresión e
distribución para uso comercial. |
|