O
FORO DO BO BURGO DO CASTRO CALDELAS, DADO POR AFONSO IX EN 1228
O documento máis antigo escrito en galego en Galicia
Textos:
Henrique Monteagudo
Sección de Lingua
Con licenza do Arquivo dos Duques de Alba
O
Consello da Cultura Galega (CCG) presenta o documento máis
antigo escrito en idioma galego en Galicia que se coñece
ata o momento. Trátase do 'Foro do bo burgo do Castro Caldelas'
(Ourense), dado polo rei Afonso IX en Allariz en abril de 1228
e que actualmente se conserva nos Arquivos dos Duques de Alba
en Madrid. O documento é unha actualización escrita
en galego do texto en latín do foro feito en 1172 polo
rei Fernando II de León e a raíña dona Urraca.
Descargue
aquí o documento (PDF
251 Kb)