PRINCIPIOS
GENERALES DE LINGÜÍSTICA INDO-EUROPEA
Paul Regnaud.
Versión en castelán precedida dun
estudo sobre a Ciencia da Linguaxe de Ángel
Amor Ruibal
Sección
de Filosofía e Pensamento
Esta obra,
que data de 1900, contén a tradución ao castelán
da obra de P. Regnaud. O seu valor engadido para a cultura galega
é que, baixo o título "Ciencia del Lenguaje"
e ao pé da páxina, Amor Ruibal vai introducindo
un estudo paralelo á tradución que chega a ocupar
máis páxinas que a propia tradución. Nese
estudo quedan perfiladas, segundo os expertos, as directrices
xerais das observacións filolóxicas e paulatinamente
lingüísticas do autor, pioneiro en España no
enfoque cognitivo da linguaxe.