Tras unha ardua labor do Consello, dende a Mediateca poñemos á vosa disposición o catálogo das publicacións propias que se levaron a cabo nesta institución dende fai 25 anos.
A actualización do catálogo será anual
A Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da Cultura Galega elaborou este cómic, con guión de Marilar Aleixandre e asesoramento de Francisco Díaz-Fierros e María Teresa Barral Silva, co obxectivo de explicar a necesidade de protexer o solo galego fronte a unha urbanización agresiva e sen planificar.
O foro de debate, que se celebrou no Consello da Cultura Galega os días 19 e 20 de xuño, analizou a situación actual e as perspectivas do idioma galego nun contexto global.