Arte + Grandes eventos

Xornada. Arte +

Arte + Grandes eventos

6 e 7 de outubro de 2010
Xornada
Arte +

Arte + Grandes eventos

6 e 7 de outubro de 2010
As artes visuais contemporáneas adxectívanse baixo o signo do espectáculo. O seu rol social debúllase na contorna das políticas culturais e ao abrigo das institucións márcanse os calendarios expositivos; unhas citas que rexen o ritmo e sinalan aos protagonistas da dramatis personae deste complexo guión do sistema arte.

A través destas dúas xornadas de charlas e debate abordaranse diferentes perspectivas sobre estas cuestións: desde a visión sociolóxica até a crítica institucional ou as teorías da cultura e da espectacularización do feito artístico, pasando pola voz dos propios creadores, así como a opinión de directores de museos, centros de arte, bienais, feiras ou xestores de eventos.

As xornadas realizaráronse na sede do Consello da Cultura Galega (6 de outrubro) e no Centro Galego de Arte Contemporánea (7 de outubro).
Ficha técnica 
Xornada.
Arte +
Arte + Grandes eventos
Cando
6 e 7 de outubro de 2010
Organiza
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)