consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)
seminario | Dende o ano 2007
Información
O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s), é un seminario interdisciplinar sobre os significados da cultura no tempo presente que realiza o Consello da Cultura Galega. Este seminario, coordinado polo profesor Ramón Maiz ten como obxectivo, como saberá, abordar os debates e investigacións mais recentes sobre as plurais nocións e prácticas da Cultura en ámbitos tan diversos como a Filosofía, a Antropoloxía, a Arte, a xestión cultural, os estudos culturais, as políticas do multiculturalismo, etc.
O neohumanismo da non cidade
Data de celebración: 2007-02-07 17:00:00

Félix Duque


Nesta conferencia Félix Duque falou, ante un auditorio dunhas trinta persoas, sobre “O neohumanismo da non-cidade” e un novo xeito de achegarse ao arquitectónico e ao urbanismo, atacando o “imperio democrático” neoliberalista e disertando sobre a relación entre cidade e pensamento. Duque considera que, para o humanismo se soster, é preciso manter a idea teleolóxica da preeminencia de certas persoas. Nesta idea subxace un claro imperialismo, polo que para Duque o “Neohumanismo” é a doutrina que establece “Este home é universal por ser norteamericano ou afín”. A alternativa preséntase nuns Estados dispostos a ceder parte da súa soberanía e construír un espazo común: a Unión Europea. As diferentes concepcións do mundo que teñen Estados Unidos e Europa ¿materialízanse no xeito de habitar a terra? Nalgúns casos créase unha confrontación entre unha situación de dispersión no medio da Natureza e o arraigo no planeta, e ao respecto sostén Duque que o American way of life se corresponde mellor co Neohumanismo que co Neohistoricismo europeo. Subliñada a semellanza entre construción e pensamento, Duque presenta a necesidade de continuar explorando a complexa relación entre o home, a arquitectura e os contextos natural, xeográfico, histórico e cultural para facer habitable a terra. Félix Duque Pajuelo é licenciado en Filosofía (1970) e Psicoloxía (1971) pola Universidade Complutense de Madrid, e doutor pola mesma universidade en 1974 coa tese: Experiencia y sistema. Una investigación sobre el “Opus postumum” de Kant. Entre 1974 e 1982 impartiu Antropoloxía, Filosofía da Natureza e Metafísica nas Universidades Complutense de Madrid, de Valencia e Autónoma de Madrid. Entre 1982 e 1988 foi Catedrático de Metafísica na Universidade de Valencia. Durante ese período foi “Gastprofessor” no Hegel-Archiv der Ruhr Universität Bochum entre os anos 1983-1985 e 1987-1988. Dende 1988 é Catedrático de Filosofía (Historia da Filosofía Moderna) na Universidade Autónoma de Madrid. A súa investigación orientouse primeiro cara a antropoloxía, a filosofía da natureza e a hermenéutica. Na actualidade investiga sobre as doctrinas do idealismo alemán e do romanticismo, así como sobre filosofía da técnica e da cultura, mito e relixión, e tamén arte contemporáneo (postmodernismo).
» documento: Relatorio: O neohumanismo da non cidade (texto).   Félix Duque.  
Tolerancia multicultural como ideoloxía
Data de celebración: 2007-03-09 17:00:00




O filósofo esloveno Slavoj Zizek, unha das voces máis interesantes da filosofía actual, reflexiona sobre a tolerancia cultural. “¿Por que hai hoxendía tantos conflictos percibidos como problemas de intolerancia, non como problemas de desigualdade, explotación ou inxustiza? ¿Por que o remedio proposto é a tolerancia, non a emancipación, a loita política, mesmo a loita armada?”. Este é o relatorio que Zizek realizou na súa intervención no Seminario “Os sentidos das culturas”, o venres, 9 de marzo de 2007 no Consello da Cultura Galega. Debido á alta de demanda de asistentes, a sesión realizouse no salón de actos e cun equipo de intérpretes. Foro completo integrado principalmente por estudantes e teóricos do ámbito da política, filosofía, comunicación e arte.
» documento: Relatorio: Tolerancia multicultural como ideoloxía (texto en inglés).   Slavoj Zizek.  
Sentir doutra maneira. Unha lección nietzscheana sobre a arte e a cultura
Data de celebración: 2007-04-19 17:00:00




O profesor de Estética e crítico de Arte, Alberto Ruiz de Samaniego, reflexionou nunha ollada aberta sobre os diversos referentes e relacións que rodean a arte contemporánea. “Unha obra de arte é aquela capaz de afrontar un perigo”, dixo Rilke de Rodin. O que a miúdo parece esquecerse hoxe en día é que a verdade dunha obra de arte debe interpretarse e valorarse segundo as forzas ou o poder que a determinan a existir, e que conducen a realizar unha cousa no lugar de outra. Rober Musil determina que unha das características básicas do artista é o olfacto do posible. Isto podería entenderse como o modo en que é capaz de rastrexar dentro do habitual o multiparamétrico é complexo, a súa competencia para plantear outras posibilidades, conexións e viaxes dentro do mapa cognitivo. Por iso, cando se nos fala da obra de arte en abstracto, ou do artístico tal como é en si, ou para si, sempre debemos preguntar qué forzas se ocultan no pensamento da obra, ou sexa: cál é o seu sentido e cál é o seu valor para un suxeito ou para unha comunidade dada. Un debe, pois, enfrontarse coa complexidade da peza de modo que esta sexa capaz de religarse cos contidos múltiples da referencia vital. Entón, significaría xerar órganos de percepción que iluminaran novos campos sensacionais do real, que nos permitiran, de modo experimental, extraer probas de novas conexións, símbolos e relatos. Ao artista háiselle de esixir, polo tanto, a creación de novas posibilidades de vida.
» documento: Relatorio: Sentir doutra maneira. Unha lección nietzscheana sobre a arte e a cultura (texto).   Alberto Ruíz de Samaniego.  
A cultura, da galaxia Gutenberg á galaxia Internet
Data de celebración: 2007-05-29 17:00:00

Darío Villanueva Ramón Villares


Seminario O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s) con esta conferencia o 29 de maio de 2007. Nela, Villanueva reflexiona sobre os cambios que as novas tecnoloxías e o seu contexto social asociado inducen na cultura e na nosa percepción desta. É o salto da cultura impresa marcada pola imprenta Gutenberg a unha galaxia multiplicada que transforma a nosa percepción intelectual e sensorial do mundo. Porén, o importante é, segundo Villanueva e citando ao intelectual Edward Said, a lectura de textos fundamentais procedan de onde procedan, mesmo dos fondos dunha biblioteca virtual xa que, e volvendo a Said, “O que eu ensino é como ler”.
» documento: Relatorio: A cultura, da galaxia Gutenberg á galaxia Internet (texto).   Darío Villanueva.  
Tesis sobre diversidad, identidad y globalización
Data de celebración: 2007-06-28 17:00:00

Díaz Polanco




É na construción de comunidade onde se poden encarar con éxito as ameazas do capital globalizador e abrir o camiño a outro mundo posible. Así se expresou Héctor Díaz-Polanco, profesor-investigador do Centro de Investigaciones y Estudios Superiores en Antropología Social (CIESAS) de México, na súa conferencia. Díaz-Polanco rexeitou que a globalización conduza a unha homoxeneización cultural e sostivo que a lóxica e a diferenza conflitiva da identidade respecto ao neoliberalismo é a causa da loita entre a etnofaxia globalizadora e a resistencia autonomista. Chamou a atención tamén sobre a necesidade de superar as tentacións etnocentristas e illacionistas, e apuntou que un dos camiños máis eficaces para logralo é asumir unha noción de identidade que rexeite todo principio esencialista sobre as culturas.
» documento: Relatorio: Tesis sobre diversidad, identidad y globalización (texto).   Héctor Díaz Polanco.  
Que é a Ilustración?
Data de celebración: 2007-11-29 17:00:00


O filósofo catalán debate no ciclo Os sentidos das Culturas as achegas á política, a ciencia e a filosofía da etapa máis fértil do pensamento europeo. Na tertulia posterior con Josep Ramoneda interveñen destacados intelectuais como Camilo Nogueira, Marilar Aleixandre, Carlos Fernández, Ramón Máiz ou Manuel Outeiriño.
» documento: Relatorio: Que é a Ilustración? (texto).   Josep Ramoneda.  
A articulación e os límites da metáfora
Data de celebración: 2008-01-24 17:00:00

ernesto laclau Ramón Maiz


O politólogo arxentino argumentou que as tensións detectadas ao longo do contínuo metáfora/metonimia poden ser vistas como plenamente operativas na estructuración dos espazos políticos e puxo como exemplos a lóxica da folga xeral en Georges Sorel e a estrategia política do Leninismo. Laclau plantexou deste xeito os seus postulados.
» documento: Relatorio: A articulación e os límites da metáfora (texto).   Ernesto Laclau.  
» documento: Relatorio: A articulación e os límites da metáfora (texto en galego).   Ernesto Laclau.  
La obra de arte en la época de la perogrullada incesante
Data de celebración: 2008-02-19 17:00:00


Fernando Castro afirmou durante o seu discurso, que o código da arte contemporánea é o minimalista e referiuse á dimensión turística da cultura e á dimensión cultural do turismo, á importancia do escaparate e do embalaxe, do envoltorio. En realidade, o que se busca é a consecución do maior impacto, a meirande repercusión. Tamén a visualización, aínda que “estamos narcotizados polo abismo da banalidade” e pola desmemoria. Para Fernando Castro a nosa cultura máis que da construción é unha cultura da demolición. “O postarte é unha arte completamente banal: unha arte inconfudiblemente cotidiana, nin kitsch nin arte elevada, senón unha arte intermedia que confire glamour á realidade cotiá mentras simula analizala. Intenta ou simula ser crítica, cando en realidade é unha estratexia de desenmascaramento que, finalmente, recurre dun xeito permanente ao espectacular, quere decir, á dimensión do entretenemento”, afirmou. Nesas circunstancias, coa maxia derrotada e todo fora de quicio, pode entenderse a necesidade de reconsideralo todo desde o principio na procura de mellores resultados, rematou citando a Guy Debord.
» documento: Relatorio: La obra de arte en la época de la perogrullada incesante (texto).   Fernando Castro Flórez.  
La nation moderne
Data de celebración: 2008-04-24 17:00:00




Anne Marie Thiesse analizou, dentro do ciclo "Os sentidos das culturas", o proceso da formación das identidades nacionais a finais do século XVIII e a idea de nación como ariete dunha revolución ideolóxica dirixida contra os principios organizadores das sociedades monárquicas . Unha idea apoiada en concepcións de dimensión política e cultural. “A concepción moderna da nación resulta da asociación dun principio político -universal e abstracto- e unha definición cultural -particularizante e concreta”. Culturas nacionais construídas a partir do século XIX por intelectuais, artistas e produtores culturais e difundidas entre a poboación “mediante operacións pedagóxicas e escolares, mais tamén, a miúdo, extraescolares”.
» documento: Relatorio: La nation moderne (texto).   Anne Marie Thiesse.  
Multiculturalismo sen cultura
Data de celebración: 2008-06-11 17:00:00




Anne Phillips referiuse ós tres asertos nos que se basea o multiculturalismo: o interese da xente pola cultura, a multiplicidade de culturas e a atención preeminente ós grupos culturais maioritarios. Se a cultura lle importa á xente, “será negativo cualificar de trivial ou desprezar unha identidade cultural e deberemos considerar que vivimos en sociedades multiculturais e non monoculturais”.
» documento: Relatorio: Multiculturalismo sen cultura (texto).   Anne Phillips.  
Recordar y olvidar
Data de celebración: 2008-06-11 17:00:00




José Luís Villacañas Berlanga tratou nesta conferencia sobre a hipertrofia da memoria, que segundo el “sería un intento desesperado por vivir nun escenario familiar para escapar dun futuro completamente estraño”.
» documento: Relatorio: Recordar y olvidar (texto).   José Luís Villacañas.  
La Escuela de Birmingham: la sintaxis de la cotidianidad como producción social de la conciencia
Data de celebración: 2009-03-26 17:00:00




Muñoz fixo unha análise sobre os estudos culturales da Escola de Birmingham.
» documento: Relatorio: La Escuela de Birmingham: la sintaxis de la cotidianidad como producción social de la conciencia (texto).   Blanca Muñoz.  
La interdisciplinariedad a la luz de la historia de la ciencia: algunos ejemplos tomados de la física, la matemática, la medicina y las ciencias de la tierra
Data de celebración: 2009-04-28 00:00:00




Sánchez Ron falou de “La interdisciplinariedad a la luz de la historia de la ciencia: algunos ejemplos tomados de la física, la matemática, la medicina y las ciencias de la tierra”.
» documento: Relatorio: La interdisciplinariedad a la luz de la historia de la ciencia: algunos ejemplos tomados de la física, la matemática, la medicina y las ciencias de la tierra (texto).   José Manuel Sánchez Ron.  
Imagen, palabra, saber: el educador contra el comunicador
Data de celebración: 2009-06-18 00:00:00





» documento: Relatorio: Imagen, palabra, saber: el educador contra el comunicador (texto).   Rafael Argullol.  
El concepto de la cultura en la antropología contemporánea
Data de celebración: 2009-11-12 17:00:00




Fernández de la Rota pretendeu centrar a atención sobre posturas vanguardistas sobre o concepto de cultura.
» documento: Relatorio: El concepto de la cultura en la antropología contemporánea (texto).   Xosé Antonio Fernández de Rota.  
Democratic politics and agonistic pluralism
Data de celebración: 2009-12-18 17:00:00




“Democratic politics and agonistic pluralism” é o título do relatorio que fixo Chantal Mouffe no Consello da Cultura Galega.
» documento: Relatorio: Democratic politics and agonistic pluralism (texto).   Chantal Mouffe.  
Origen, apogeo y ocaso de una subcultura política territorial. Las regiones rojas en Italia
Data de celebración: 2010-01-21 17:00:00




A heteroxeneidade da cultura política europea foi posta de manifesto no relatorio “Origen, apogeo y ocaso de una subcultura política territorial. Las regiones rojas en Italia”.
» documento: Relatorio: Origen, apogeo y ocaso de una subcultura política territorial. Las regiones rojas en Italia (texto).   Mario Caciagli.  
Cidade e espazos postmodernos
Data de celebración: 2010-03-02 17:00:00





» documento: Relatorio: Cidade e espazos postmodernos (texto en galego).   Michel Maffesoli.  
» documento: Relatorio: Cidade e espazos postmodernos (texto en francés).   Michel Maffesoli.  
Ciencia e relixión: Unha historia de guerra?
Data de celebración: 2010-06-02 17:00:00





» documento: Relatorio: Ciencia e relixión: Unha historia de guerra? (texto).   William Shea.  
A cultura e o novo mundo novo
Data de celebración: 2010-06-17 00:00:00




A ex Ministra de Cultura de Portugal (entre 2005 e 2008) manifestou en “A cultura e o novo mundo novo” a importancia primordial de desenvolver unha nova e máis ambiciosa acción para o sector cultural, baseada en estratexias integradas e coordenadas que reforcen a súa ligazón efectiva ó mundo real.
» documento: Relatorio: A cultura e o novo mundo novo (texto).   Isabel Pires de Lima.  
A cidadanía medioambiental: unha ruta cara ao desenvolvemento sustentable?
Data de celebración: 2010-10-14 17:00:00

» folleto: Andrew Dobson: A cidadanía medioambiental: unha ruta cara ao desenvolvemento sustentable?.   Andrew Dobson.  
Os movementos sociais e a sociedade civil: de cómo os emerxentes conflitos sociais cuestionan as perspectivas adoptadas polas ciencias sociais
Data de celebración: 2011-01-13 17:00:00





» documento: Relatorio: Os movementos sociais e a sociedade civil: de cómo os emerxentes conflitos sociais cuestionan as perspectivas adoptadas polas ciencias sociais (texto).   Donatella della Porta.  
A representación política ideal d@s cidad@(n)s en España, Reino Unido, Polonia e Macedonia
Data de celebración: 2011-02-03 17:00:00





» documento: Monica Threlfall: A representación política ideal d@s cidad@(n)s en España, Reino Unido, Polonia e Macedonia (texto en galego).   Monica Threlfall.  
» documento: Monica Threlfall: A representación política ideal d@s cidad@(n)s en España, Reino Unido, Polonia e Macedonia (texto en inglés).   Monica Threlfall.  


73d8b5_sent_01.jpg
5fbde7_sent_05.jpg
Hemeroteca
21-09-2012
4-OU: Anthony Pagden, da Universityy of California, reflexionará sobre "O imaxinario politico na creación do mundo iberoamericano" no seminario "O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)"
08-02-2012
Bartolomé Clavero reflexionou sobre a importancia da consideración do dereito á cultura propia como esencial e de alcance xeral
20-06-2013
cg. Un relatorio analizará o compoñenente emocional da política
12-06-2013
cg. Victoria Camps participará no ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)
15-04-2013
cg. A mudanza segundo Riechmann
05-04-2013
cg. Jorge Riechmann leva a sustenatibilidade a O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)
04-10-2012
cg. Anthony Padgen retoma o seminario "O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)"
01-10-2012
cg. Mudar o xeito no que pensamos a cultura
28-09-2012
cg. Sae á luz o volume O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)
25-09-2012
cg. Anthony Pagden abre a nova xeira do cilco O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)
06-02-2012
cg. O Consello da Cultura retoma o ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)
13-01-2011
cg. O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s) recibe a Donatella Della Porta
02-12-2010
cg. Suspendida a conferencia de Monica Threlfall no ciclo O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)
02-03-2010
cg. Michel Maffesoli abordará a modernidade e a cultura urbana nunha conferencia
12-11-2009
cg. Fernández de Rota analiza o concepto de cultura en Compostela
18-06-2009
cg. Rafael Argullol fala sobre os efectos da crise na sociedade actual
20-03-2009
cg. Blanca Muñoz protagoniza a nova sesión de O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)
25-02-2009
cg. Rafael Argullol: “Estamos a falar de crise económica, pero hai tamén unha crise espiritual e mental”
Ficha técnica
Coordinación
» Ramón Maiz
Participantes
» Ramón Maiz
» Alberto Ruíz de Samaniego
» Darío Villanueva
» Ramón Villares
» Slavoj Zizek
Lugar de celebración
Biblioteca do Consello da Cultura Galega