Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org
Información
A exposición itinerante NÓS MESMOS. ASOCIACIONISMO GALEGO NA EMIGRACIÓN, organizada polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración Galega, e en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.A exposición resume máis dun século de historia do asociacionismo galego na emigración, que cristalizou nos primeiros anos do século XX, particularmente en Arxentina e Cuba. “A experiencia compartida da emigración é a pedra fundante do edificio do asociacionismo. E éste é o motivo central desta exposición temática, dedicada a rastrear a particular historia da identificación e afirmación das colectividades galegas no exterior. Que o seu título sexa “Nos mesmos”, alén dun vago aceno irlandés, indica ben ás claras que o que se pretende subliñar é xustamente, esta capacidade da emigración galega para autoorganizarse nos seus lugares de destino”, afirma Ramón Villares Presidente do Consello da Cultura Galega.
Documentos
Fotografias
Hemeroteca
22-06-2012A exposición “Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración”, inaugúrase hoxe en Xenebra por iniciativa do Consello da Cultura Galega e a Sociedade “A Nosa Galiza” 30-06-2008
cg. A Estrada, Teo e Vilalba son os concellos que deixaron máis sociedades na emigración
27-06-2008
cg. Lisboa acolle a mostra Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración
Ficha técnica
ComisariadoOrganización Lugar de celebración
Do 4 de marzo ata finais do mes de marzo de 2010 no Instituto Cervantes en São Paulo
Real Club Náutico de Las Palmas de Gran Canaria. Ata o 30 de xuño de 2011
Real Club Náutico de Las Palmas de Gran Canaria. Ata o 30 de xuño de 2011
