Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org
Información
Considerada unha influencia indiscutible no avance das matemáticas no século xx a nivel mundial, o recoñecemento da figura da matemática e alxebrista María Josefa Wonenburger Planells é un feito recente en Galicia existindo, porén un gran descoñecemento da traxectoria desta investigadora. A xornada “María Josefa Wonenburger Planells na creación de coñecemento” celebrada nas dependencias do CCG, propiciou miradas en profundidade e detalle sobre o seu corpus creativo e investigador en toda a súa amplitude e singularidade. Contribuiu ademais, á creación de espazos de reflexión, debate e documentación que permiten indagar no lugar ocupado polas mulleres galegas no desenvolvemento da investigación científica, coñecer o presente, avaliar o pasado e o futuro das irmás de Hipatia e as súas contribucións ao progreso e á evolución da ciencia galega e universal.Presentación da xornada María Josefa Wonenburger Planells na creación de coñecemento
Data de celebración: 2010-10-28 10:00:00
María Xosé Agra Romero
Ramón Villares
O Presidente do Consello da Cultura Galega Ramón Villares e a Coordinadora da Comisión de Igualdade desta institución María Xosé Agra, presentan a xornada
RELATORIO INAUGURAL: Matemáticas para a vida, unha vida para as matemáticas. María Josefa Wonenburger
Data de celebración: 2010-10-28 10:30:00
Francisco Díaz-Fierros
Ana Dorotea Tarrío
Francisco Díaz-Fierros, Vicepresidente do CCG, presenta a Ana Dorotea Tarrío Tobar, Vicerreitora da UDC. Esta, no relatorio inaugural da xornada fai unha aproximación a vida e obra de María Josefa Wonenburger Planells. Na súa intervención apoiase na Cartografía da Sra. Wonenburger situado no Álbum de mulleres e do que é coautora
Consulta a cartografía de María Josefa Wonenburger no Álbum de mulleres
Sesión científica I: As matemáticas da auga e o lume
Data de celebración: 2010-10-28 12:30:00
José María Barja Pérez
Elena Vázquez Cendón
José María Barja Pérez presenta a Elena Vázquez Cendón, profesora do Departamento de Matemática Aplicada da USC. Ela achéganos proxectos e materiais relacionados co empregue das matemáticas en estudios da auga e do lume en Galicia
» Consulta o Powerpoint da presentación As matemáticas da auga e do lume.
Elena Vázquez Cendón.
» Consulta o Resumo do relatorio As matemáticas da auga e do lume.
Elena Vázquez Cendón.
Sesión científica II: Matemáticas no ensino das matemáticas
Data de celebración: 2010-10-28 13:00:00
José María Barja Pérez
Matilde Ríos Fachal
José María Barja Pérez presenta a Matilde Ríos Fachal, profesora do CIP Bergondo (A Coruña) que fai un percorrido histórico da relación mulleres e matemáticas no ensino
» Consulta o Powerpoint da presentación Matemáticas no ensino das Matemáticas.
Matilde Ríos Fachal.
» Consulta o Resumo do relatorio Matemáticas no ensino das Matemáticas.
Matilde Ríos Fachal.
Sesión científica III: Eu tamén son noetheriana
Data de celebración: 2010-10-28 13:30:00
José María Barja Pérez
Ana Belén Rodríguez Raposo
José María Barja Pérez presenta a intervención de Ana Belén Rodríguez Raposo, profesora do Departamento de computación da UDC. Esta no seu relatorio fai unha achega a matemática Emmy Noether, máis en concreto ao problema que leva o seu nome e o seu lugar nas investigacións máis actuais
» Consulta o Pdf da presentación Eu tamén son noetheriana.
Ana Belén Rodríguez Raposo.
» Consulta o Resumo do relatorio Eu tamén son noetheriana.
Ana Belén Rodríguez Raposo.
Sesión científica IV: As estatísticas
Data de celebración: 2010-10-28 14:00:00
José María Barja Pérez
Rosa María Crujeiras Casais
José María Barja Pérez presenta a intervención de Rosa María Crujeiras Casais, profesora do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC. Esta no seu relatorio achega reflexións sobre as técnicas da Estatística, os resultados destas e, asemade, o labor das investigadoras desta disciplina matemática
» Consulta o Resumo do relatorio As estatísticas.
Rosa María Crujeiras Casais.
» Consulta o Pdf da presentación As estatísticas.
Rosa María Crujeiras Casais.
Sesión de memoria. Valorando o tempo gañado. María Josefa Wonenburger, creadora de escola. I
Data de celebración: 2010-10-28 16:50:00
Coñece a montaxe de video sobre María Josefa Wonenburger presentada nesta xornada. Trátase dunha montaxe fotográfica sobre a entrevista que lle realizaron no programa da Radio Galega Efervescencia (16-9-2007) elaborado por Xabier Ramos Vieiro
Sesión de memoria. Valorando o tempo gañado. María Josefa Wonenburger, creadora de escola. II
Data de celebración: 2010-10-28 17:00:00
Xabier Pita Wonenburger
Ana Romaní Blanco
Ana Romaní Blanco, membro da Comisión de Igualdade do CCG, conversa con Xabier Pita Wonenburger, familiar da protagonista da xornada, na procura de abrir novas canles de aproximación á figura de María Josefa Wonenburger Planells como creadora de escola
Sesión de reflexión e debate. Retos para as novas tecedoras de coñecemento
Data de celebración: 2010-10-28 18:30:00
Marilar Aleixandre Giménez
Tarsy Carballas Fernández
Inmaculada Paz Andrade
Marilar Aleixandre Giménez, membro da Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do CCG, presenta a Inmaculada Paz Andrade, primeira catedrática de física da USC, e, a Tarsy Carballas Fernández, investigadora do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia. CSIC. Moven a reflexión en torno ao camiño andado polas mulleres no campo das ciencias e do que aínda queda por atinxir
Clausura da xornada María Josefa Wonenburger Planells na creación de coñecemento
Data de celebración: 2010-10-28 19:30:00
Carme Adán Villamarín
Carme Vidal Lage
As coordinadoras Carme Adán Villamarín e Carme Vidal Lage, a modo de peche, fan un breve resumo do acontecido na xornada
Hemeroteca
Ficha técnica
CoordinaciónColaboración Organización Lugar de celebración
Consello da Cultura Galega
Pazo e Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro
15705 Santiago de Compostela
Pazo e Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro
15705 Santiago de Compostela
