Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org
Información
ATENCIÓN: A CONFERENCIA SERÁ IMPARTIDA EN INGLÉSDentro do ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s), a seguinte participación reunirá no seguinte evento a Lisa Weeden, profesora de Ciencia Política na Universidade de Chicago e especialista en Oriente Próximo, e Allais Hajou, director sirio de series televisivas de humor.
XOVES: 21 de XUÑO de 2012 ás 16:30 horas na biblioteca do CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Lisa Wedeen é profesora de Ciencia Política na Universidade de Chicago con liñas de investigación centradas en política comparada, Oriente Próximo, teoría política, teoría feminista e métodos cualitativos e Allais Hajou, director sirio de exitosas series televisivas como “The Lost (forgotten) Village,” Day`a, Daay`a, 2010 ou “Winds of Ruin,” Riyah al-Khirba 2011. Ambos analizarán diversas series televisivas e a complexa relación entre ideoloxía e humor no réxime sirio.
Ademais, a autora indica que ten dous libros dispoñibles de balde neste enlace que permitirán coñecer algo máis sobre a súa traxectoria de investigación. L Wedeen sinala que o texto denominado AMBIGUITIES OF DOMINATION permite unha lectura completa e do segundo PERIPHERAL VISIONS recomenda a introdución e os capítulos 2, 3 e 4. En todo caso, se alguén quixese optar por unha lectura rápida, ela suxeriría os terceiros capítulos de senllos libros.
A conferencia será impartida en inglés.
O texto da súa intervención está, polo momento, á súa disposición unicamente en inglés, pero nos vindeiros días incorporaremos a versión en galego.
Debido á capacidade limitada do lugar de celebración do encontro; PREGÁMOSLLE QUE CONFIRME A SÚA ASISTENCIA no enderezo electrónico difusion@consellodacultura.org ou nos teléfonos 981957209 / 981957210.
Toda a información sobre o ciclo e materiais dos anteriores relatorios na nosa Mediateca
Ideoloxía e humor en tempos escuros. Notas desde Siria. Lisa Wedeen e Allais Hajou
Data de celebración: 2012-06-21 17:00:00
Allais Hajou
Ramón Maiz
Lisa Wedeen
Hemeroteca
21-06-2012A politóloga Lisa Wedeen e o director sirio de TV Allais Hajou reflexionaron sobre a autocracia, as revoltas, a fenda na sociedade Siria e os efectos do humor en “tempos escuros” 20-6-2012
Lisa Wedeen e o director sirio de TV Allais Hajou falarán no CCG sobre a ideoloxía e o humor en Siria
