consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Xénero e documentación II: A recuperación da memoria do Movemento Feminista
xornada | 27 de xuño de 2012
Información
O desenvolvemento do movemento feminista e, máis concretamente, a emerxencia de grupos e colectivos de terceira onda (segunda metade de século XX), resultan de interese fundamental á hora de entender e explicar as transformacións cualitativas e cuantitativas relacionadas co lugar social ocupado polas mulleres no escorrer da historia galega e universal e é unha das chaves para entender o enfoque de xénero. Este aglutina unha parte importante das investigacións máis actuais e constitúe a base sobre a que as institucións elaboran programas e medidas para corrixir as desigualdades entre os sexos.

Consciente disto e, seguindo a liña de actuación iniciada en 2007 coas xornadas Xénero e documentación I, a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega propón ás persoas vinculadas con arquivos, centros de documentación e bibliotecas unha achega ao tratamento da documentación (recuperación, conservación, posta en valor e difusión) producida por organizacións de mulleres, en agrupacións autónomas e mixtas, identificadas co feminismo.

As xornadas xénero e documentación están dirixidas ao persoal que traballa en centros documentais, ao estudantado ou tituladas/os nos ámbitos de Biblioteconomía, Documentación e Humanidades e, a persoas que de maneira individual ou colectiva se interesan na conservación deste tipo de fondos

Presentación
Data de celebración: 0000-00-00 00:00:00

María Xosé Agra Romero Rosario Álvarez


A vicepresidenta do Consello da Cultura Galega Rosario Álvarez Blanco e a Coordinadora da Comisión de Igualdade desta institución María Xosé Agra Romero, presentan a xornada
Memoria e visibilización da muller a través dos fondos documentais de xénero. Experiencias no Centro Documental de la Memoria Histórica
Data de celebración: 2012-06-27 10:30:00

María José Turrión García


Carmen Pérez Pais, profesora da UDC e parte da Comisión de Igualdade do CCG, presenta a María José Turrión García. Esta no seu relatorio achéganos aspectos da historia e da dinámica de traballo do Centro Documental de la Memoria Histórica de Salamanca sinalando algúns aspectos da documentación de e sobre mulleres do citado centro
Centro de Documentación de Mulleres. Biblioteca Dixital: construíndo un
Data de celebración: 2012-06-27 11:30:00

María Xosé Agra Romero María José Sola Sarabia


María Xosé Agra Romero, Coordinadora da Comisión de Igualdade do CCG, presenta a María José Sola Sarabia do Centro de Documentación de Mujeres “Maite Albiz” Amakumeen Dokumentazio Zentrua de Bilbo. Esta última nun repaso histórico sobre as bibliotecas de mulleres, destaca aquelas que desenvolven proxectos de recuperación e conservación da documentación de grupos e colectivos feministas. E, de xeito máis concreto explica o proceso de creación do Centro de Documentación “Maite Albiz”, destacando as formas de traballo que desenvolveron e desenvolven en relación a obtención e conservación dos fondos relacionados con organizacións e mulleres feministas con actividade no País Vasco
Unha experiencia de recuperación das fontes de información do Movemento Feminista de Euskal Herría
Data de celebración: 2012-06-27 12:30:00

Rosa María Andrieu Sanz Mariam Mariño Costales


Mariam Mariño Costales, técnica da Comisión de Igualdade do CCG, presenta a Rosa María Andrieu Sanz, profesora da UPV e integrante de Bilgune Feminista. Esta no seu relatorio fai unha achega ao proceso activado dentro de Bilgune Feminista para a creación de Emagin. Centro de documentación e investigación feminista. Un arquivo necesario e que permite investigar e coñecer a dinamicidade de grupos e colectivos feministas en Euskal Herria desde 1974
Recuperación da documentación e memoria do Movemento Feminista Organizado en Galicia
Data de celebración: 2012-06-27 16:30:00

Mariam Mariño Costales Encarna Otero Cepeda


Encarna Otero Cepeda presenta a Carmen Pérez Pais e Mariam Mariño Costales. Estas dúas, nas súas intervencións, fan un percorrido polo proceso de creación e vías de desenvolvemento da iniciativa que deu lugar á colección especial Recuperación da Documentación e Memoria do Movemento Feminista Organizado en Galicia. Trátase dun proceso de traballo activado no Consello da Cultura Galega pola Comisión de Igualdade desta institución
Debate aberto: Reflexionar sobre o feito, construír futuro
Data de celebración: 2012-06-27 17:30:00




María Xosé Agra Romero modera un debate centrado na avaliación dos arquivos do movemento feminista en Galicia e nas vías para o seu desenvolvemento e continuidade. O debate conta coa intervención do público asistente e das relatoras e presentadoras da xornada