consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


V Encontro o son da memoria
encontro | As coleccións sonoras de Galicia ante o presente dixital en rede
Información
O Consello da Cultura Galega organiza un encontro de posuidores ou xestores de coleccións de gravacións sonoras que existen no país co fin de intercambiar información sobre as novas realidades e estudar as formas de coordinación posibles entre os diferentes arquivos en prol da rendibilidade da documentación dispoñible. Este seminario enmárcase nunha realidade cultural marcada pola crise económica e polo presente dixital en rede, unhas novas circunstancias que deben contribuír a un traballo colaborativo compatible coas distintas personalidades das coleccións particulares.
O encontro terá lugar o venres 27 de abril no salón de actos da Biblioteca da Cidade da Cultura en sesións de mañá e tarde. Serán catro mesas redondas, cada unha introducida por unha pequena charla por parte do moderador; seguido de tres persoas que falarán das realidades arquivísticas que eles impulsan. Logo, nun coloquio posterior cos presentes, reflexionarase sobre o tema xeral de cada mesa coas achegas concretas do resto das persoas participantes.

Autobús Cidade da Cultura
Liña 9: Casas Novas / Viso / Multiusos / Cidade da Cultura
http://www.tussa.org/


Inauguración do Encontro
Data de celebración: 2012-04-27 10:00:00





Mesa redonda: Os arquivos de medios de comunicación
Data de celebración: 2012-04-27 10:30:00





Mesa redonda: Os arquivos nas universidades galegas
Data de celebración: 2012-04-27 12:30:00





Mesa redonda: Os arquivos nas institucións galegas
Data de celebración: 2012-04-27 16:00:00





Mesa redonda: Os grupos de recompilación etno-musical
Data de celebración: 2012-04-27 18:00:00