consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Encontro Festlatino 2012
encontro | AS LINGUAS E CULTURAS PENINSULARES E A SÚA PROXECCIÓN INTERNACIONAL.
Martes, 3 de abril de 2012
Información
O Consello da Cultura Galega ten como encomenda estatutaria a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. Nos últimos anos véñense desenvolvendo encontros e convenios con distintas institucións públicas e entidades culturais con vistas a contribuír ao diálogo da cultura galega con outras culturas e á súa proxección no exterior. Nesta liña de traballo o Consello da Cultura Galega organiza en colaboración co Movimento Festlatino o seminario “As linguas e culturas peninsulares e a súa proxección internacional” que terá lugar o martes, 3 de abril de 2012 na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. Nel participarán representantes de institucións das distintas culturas da península ibérica vinculadas á súa proxección exterior e á promoción do diálogo intercultural (Instituto Ramón Llull, Instituto Camões, Instituto Cervantes, o propio Festlatino), xunto a persoas de recoñecido prestixio no ámbito cultural e universitario galego.
O encontro está coordinado por Henrique Monteagudo (Consello da Cultura Galega) e Humberto França (Movimento Festlatino).
O Movimento Festlatino
O Festlatino é nun movemento cultural, literario e educacional que ten como obxectivo fomentar o diálogo cultural entre os países e zonas de linguas e culturas neolatinas de Europa, África, Américas e Asia. Anualmente celebra un congreso no Recife e seminarios preparatorios en varios países de linguas neolatinas que reúnen persoas relevantes do ámbito da escrita, filoloxía, profesorado, arte, estudantado, diplomacia, xornalismo, xestión e liderado cultural e político e promoción cultural.
O Movimento Festlatino ten como presidente de honra ao Dr. Mário Soares, ex-Presidente da República Portuguesa, e está dirixido por un consello formado por vinte e seis personalidades do mundo da cultura e linguas de doce países. O seu coordinador xeral é Humberto França.
Pode atopar información sobre o festlatino no blog: Web Festlatina
Inauguración
Data de celebración: 2012-04-03 09:30:00

Humberto França Henrique Monteagudo Ramón Villares

O Instituto Camões e a proxección internacional da cultura e a língua portuguesa
Data de celebración: 2012-04-03 10:00:00

Ana Paula Laborinho Ramón Villares

Ana Paula Laborinho Ramón Villares

El Instituto Cervantes y su proyección americana
Data de celebración: 2012-04-03 11:00:00

Henrique Monteagudo Francisco Moreno

Henrique Monteagudo Francisco Moreno

A literatura e o audiovisual galegos e a súa proxección internacional
Data de celebración: 2012-04-03 12:30:00

Manuel Bragado Suso de Toro Humberto França Margarita Ledo Andión

Manuel Bragado Suso de Toro Humberto França Margarita Ledo Andión
Mesa redonda: SUSO DE TORO, escritor MANUEL BRAGADO, Asociación Galega de Editores MARGARITA LEDO, USC Modera: HUMBERTO FRANÇA, Festlatino
Amores e desamores en torno da lingua
Data de celebración: 2012-04-03 16:00:00

Isabel Pires de Lima



Promocionando la literatura catalana por esos mundos de Dios
Data de celebración: 2012-04-03 17:00:00

Alex Susanna



As institucións galegas e a proxección internacional da cultura galega
Data de celebración: 2012-04-03 18:30:00

Francisco Fernández Rei Valentín García Gómez Henrique Monteagudo Enrique Sáez Ponte



Medallas Festlatino
Data de celebración: 2012-04-03 19:00:00




Documentos

a5d31b_festlatino.jpg