Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org
Información
Consulte o programa aquíA igualdade é un concepto medular de todo o pensamento político dende a súa orixe. O propio concepto de xustiza reenvía a el, como aequitas. Está na base da modernidade; é un dos presupostos da nosa autocomprensión como suxeitos e cidadáns, e eixe fundamental da orde democrática. De maneira xa permanente, Aristóteles cifrábaa como unha das súas características esenciais. Desde as súas primeiras formulacións polos movementos sociais e o pensamento político o concepto de igualdade non deixou de estenderse e complicarse. Do ámbito xurídico-político ao económico, de aquí ao das loitas de xénero e culturais, ao espazo transnacional e incluso interespecífico a igualdade reclama incesantemente novos dominios de implantación. E ao mesmo tempo que a súa esixencia facíase irresistible e indiscutible, os criterios de aplicación diversificáronse e afondáronse de sorte que o asentimento na súa pertinencia contrasta coa discrepancia nas formas da súa concreción. Os últimos corenta anos de teoría e filosofía política significaron un afondamento sen parangón neste concepto. Nun momento, pois, de avance teórico e irrupción da igualdade en novos campos pero tamén de incremento en proporcións ata o de agora descoñecidas das diferencias económico-sociais intra e internacionais resulta de todo punto oportuno o seu debate.
Nas xornadas que propoñemos debateranse especialmente eses tres ámbitos de problemas en torno o concepto de igualdade: os seu distintos campos de aplicación, a pluralidade de criterios na súa concepción, e a situación actual da súa existencia.
Presentación e inauguración das xornadas
Data de celebración: 2011-11-17 10:00:00
María Xosé Agra Romero
Jorge Álvarez Yágüez
Ramón Villares
Hemeroteca
18-11-2011“A liberdade da cidadanía non existe sen capacidade para o desenrolo económico” (D. Raventós nas Xornadas sobre Igualdade) 17-11-2011
Xornadas sobre Igualdade: Ramón Maiz vencellou igualdade, sustentabilidade e cidadanía ecolóxica para superar o deterioro e a fragmentación do presente 17-11-2011
En directo as Xornadas sobre Igualdade 17-11-2011
cg. Comezan as Xornadas sobre Igualdade do Consello da Cultura
Ficha técnica
CoordinaciónOrganización Lugar de celebración
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago de Compostela
A Coruña
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago de Compostela
A Coruña
