Renovación da mediateca do CCG

Actividade institucional.

Renovación da mediateca do CCG

14 de decembro de 2010
Actividade institucional

Renovación da mediateca do CCG

14 de decembro de 2010
O Consello da Cultura Galega renovou o pasado 14 de nadal a súa mediateca. O novo sitio web ofrece unha cobertura completa das actividades públicas e das publicacións da institución, creando o principal repositorio existente na rede sobre cultura contemporánea en Galicia. Canda as publicacións de libre descarga, os usuarios poden escoitar e ver as conferencias celebradas e filtrar e descargar os contidos por áreas temáticas. Cun deseño actualizado, a nova Mediateca do CCG está deseñada para ser un espazo de referencia e consulta para quenes desexan profundizar na cultura e na lingua do país.
A nova Mediateca é o primeiro paso do novo redeseño do web institucional e aparece como almacén e repositorio do coñecemento que xenera a institución, a través das súas múltiples accións: desde publicacións, documentos e informes ata a dixitalización dos numerosos eventos (conferencias e debates) sobre os grandes temas da cultura galega e universal. Máis de 110 audios, 329 publicacións, vídeos e fichas de máis de 400 expertos son o punto de partida para a nova Mediateca do CCG.


Este gran cambio é a resposta a un novo concepto cultural: o aumento dos tempos de lectura e percepción de contidos en pantalla por parte dos usuarios, que nos últimos anos incrementouse sen cesar. A Mediateca refúndase para converterse nunha base de datos accesible desde calquera dispositivo, na que se poden consultar un gran número de referencias. Funciona como aplicación de apoio ao coñecemento e a toma de decisións.

Os novos libros electrónicos, e tamén a portabilidade dos formatos multimedia, permiten aos usuarios acceder en calquera punto e con calquer dispositivo aos contidos da Mediateca. Ademáis, o deseño enfatiza o que a nova Mediateca considera importante: as áreas por riba dos formatos nos que estea o contido final. Os usuarios poden recuperar deste modo a produción do CCG a partir de etiquetas temáticas e o sistema devolve publicacións, eventos, ou calquer outro tipo de materiais.


No ano 1998 o Consello da Cultura Galega iniciou o seu sitio web. No ano 2000 deu un paso decisivo: permitir o libre acceso e a descarga do inxente material de publicacións da institución. No ano 2002 o CCG decidiu incorporar tamén o seu catálogo ao nacente servizo Google Books. E no 2005 refundou o seu catálogo editorial para comezar a incorporar os primeiros contidos audiovisuais. A nova Mediateca é un paso adiante no proceso de creación de servizos culturais para os cidadáns, un dos obxectivos do traballo do CCG, institución estatuttaria creada en 1983.
Ficha técnica 
Actividade institucional.
Renovación da mediateca do CCG
Cando
14 de decembro de 2010
participante
Consello da Cultura Galega