Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia

Presentación.

Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia

11 de xullo de 2010
Presentación

Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia

11 de xullo de 2010
Elaboración e presentación do Ditame do CCG

Data de aprobación no Plenario: 1 de febreiro de 2010

“Non se pode tratar igual aos desiguais”, afirmou o Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e Henrique Monteagudo, secretario e coordinador da Comisión que elaborou o borrador do ditame sobre as “Bases para a elaboración dun decreto de plurilinguismo no ensino non universitario de Galicia” que aprobou onte pola tarde o Plenario da institución.

Villares e Monteagudo compareceron hoxe ante os medios de comunicación para explicar o documento. Villares sinalou que se trata dun ditame “crítico pero construtivo”.
Villares e Monteagudo reafirmáronse nas liñas xerais contidas na súa Proposta Institucional remitida aos Grupos Parlamentarios en novembro de 2009. Nelas reclamábase un amplo consenso social e político para desenvolver a lexislación sobre política lingüística e a consideración do idioma galego e da cultura coma un recurso e como un activo social necesitado de políticas de promoción por parte dos poderes públicos. Villares e Monteagudo incidiron na traxectoria do Parlamento e dos poderes públicos de Galicia desde os inicios da autonomía. “Os catro anteriores presidentes da Xunta de Galicia adoptaron medidas baseadas no principio de progresividade da imprantación do uso do galego e o papel de reforzo do sistema educativo para conseguir a igualdade plena do galego e do castelán”.

O Ditame do CCG realiza rigorosas críticas a varios puntos das “Bases” e se expoñen propostas alternativas que poidan ser recollidas no eventual decreto a que aquelas poidan dar lugar. O documento pode ser consultado, xunto coa rolda de prensa en audio, no web corporativo do CCG: www.consellodacultura.org.
Ficha técnica 
Presentación.
Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia
Cando
11 de xullo de 2010