Consello da Cultura Galega e EGAP

Convenios.

Consello da Cultura Galega e EGAP

Xoves, 24 de novembro de 2010
Convenios

Consello da Cultura Galega e EGAP

Xoves, 24 de novembro de 2010
O Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o Director da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Pablo Figueroa, asinaron un convenio de colaboración para levar a cabo actividades de formación divulgación e investigación.

O convenio contempla diferentes modalidades de colaboración que inclúen a participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do Consello da Cultura Galega, a realización de cursos, xornadas, seminarios e outras actividades divulgativas e a edición conxunta de libros, publicacións e documentos de traballo. Menciona asemade a promoción da actividade investigadora de ambas as dúas institucións mediante proxectos de investigación conxuntos.
Ficha técnica 
Convenios.
Consello da Cultura Galega e EGAP
Cando
Xoves, 24 de novembro de 2010
Participante
Marcelino Fernández Mallo
Pablo Figueroa
Nestor Valcárcel
Ramón Villares
participante
Consello da Cultura Galega
Escola Galega de Administración Pública