consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Congreso Mil e un Cunqueiros
congreso | Do 28 de setembro ao 1 de outubro de 2011
Información
En 2011 cúmprense cen anos do nacemento de Álvaro Cunqueiro Mora. Esta conmemoración supón unha oportunidade para revisar o legado do escritor mindoniense, facer balance dos estudos cunqueirianos e propiciar novas aproximacións críticas á súa obra.

A dimensión galega e universal da obra e da figura de Álvaro Cunqueiro convertérono nun factor privilexiado para a proxección de Galicia no mundo. O pensamento e a imaxinación cunqueiriana renovaron a conciencia dos propios galegos sobre si mesmos, establecendo novas pautas que contribuíron a definir a identidade galega e a imaxe do noso país.

No marco das diferentes conmemoracións que ao longo deste ano van ter lugar por toda a xeografía galega (exposicións, faladoiros, concertos, representacións teatrais…), o Consello da Cultura Galega, coa colaboración das universidades galegas, organiza o Congreso ‘Mil e un Cunqueiros’. A súa finalidade é servir de foro para o debate académico e o intercambio científico, con especial atención á presentación dos resultados das investigacións en curso sobre Álvaro Cunqueiro. O Congreso pretende ser un punto de encontro entre investigadores, profesores e estudantes da comunidade académica galega,
peninsular e internacional, e favorecer o diálogo interdisciplinar e intercultural arredor da obra do mestre mindoniense.

NOTAS: Programa definitivo do congreso. Pode consultalo aquí

INSCRICIÓN.


A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario habilitado no web do Consello da Cultura Galega (www.consellodacultura.org). O pagamento da matrícula só se efectuará unha vez que a organización confirme mediante correo electrónico a dispoñibilidade de praza. As persoas con comunicación aceptada deberán seguir o mesmo procedemento de preinscrición que o resto das persoas interesadas (formulario de preinscrición).

O número de prazas é limitado (100 persoas).

Tarifas de inscrición
O pagamento da matrícula realizarase no prazo sinalado para a inscrición de asistentes (con ou sen comunicación), do 15 de xuño ao 15 de setembro, no seguinte número de conta: NOVACAIXAGALICIA 2091-0300-47-3110063172. Importante: O pagamento da matrícula só se efectuará unha vez que a organización confirme mediante correo electrónico a dispoñibilidade de praza.

• Inscrición con comunicación: 40 €
• Inscrición sen comunicación: 20 €
• Parados e estudantes: desconto do 50% sobre as tarifas anteriores.

Para formalizar a matrícula debe enviarse o xustificante de pagamento. Se está nos grupos de matrícula reducida, debe incluír tamén unha copia da tarxeta do paro ou da matrícula no curso 2010-2011.
Inauguración
Data de celebración: 2011-09-28 10:00:00

José María Barja Pérez Francisco Durán Villa Manuel Fernández Iglesias Ramón Villares



Conferencia: As miñas lecturas de Cunqueiro, César Antonio Molina
Data de celebración: 2011-09-28 10:30:00



Sesión de comunicacións: Cunqueiro nos medios de comunicación
Data de celebración: 2011-09-28 12:00:00



Mesa redonda: Achegas á biografía cunqueiriana
Data de celebración: 2011-09-28 13:00:00



Sesión de comunicacións: As artes plásticas e escénicas dialogan con Cunqueiro
Data de celebración: 2011-09-28 16:30:00



Sesión de comunicacións: De re iuridica
Data de celebración: 2011-09-28 16:30:00



Mesa redonda: Cunqueiro e os medios de comuniciación
Data de celebración: 2011-09-28 18:00:00



Conferencia: Álvaro Cunqueiro, unha mirada holística, Anxo Tarrío
Data de celebración: 2011-09-28 19:30:00



Sesión de comunicacións: A cuestión dos xéneros literarios na obra de Cunqueiro
Data de celebración: 2011-09-29 09:30:00



Conferencia: Álvaro Cunqueiro, José A. Veiga e a literatura fantástica, Regina Zilbermann
Data de celebración: 2011-09-29 12:00:00



Mesa redonda: O herdo de Cunqueiro
Data de celebración: 2011-09-29 13:00:00



Sesión de comunicacións: A recepción da obra cunqueiriana I
Data de celebración: 2011-09-29 16:30:00



Conferencia: Cando xogan dobre a novela e o seu autor. Proceso de configuración textual de Merlín e familia / Merlín y familia, Martine Roux
Data de celebración: 2011-09-29 18:30:00



Sesión de comunicacións: A recepción da obra cunqueiriana II. Cunqueiro no ámbito infanto-xuvenil
Data de celebración: 2011-09-30 09:30:00



Sesión de comunicacións: Cunqueiro e o seu tempo
Data de celebración: 2011-09-30 09:30:00



Sesión de comunicacións: Achegas biográficas
Data de celebración: 2011-09-30 10:30:00



Sesión de comunicacións: As artes plásticas e escénicas dialogan con Cunqueiro II
Data de celebración: 2011-09-30 10:30:00



Conferencia: Cunqueiro en castelán. Breve historia dunha recepción, Fernando Valls
Data de celebración: 2011-09-30 12:00:00



Mesa redonda: O popular en Cunqueiro
Data de celebración: 2011-09-30 13:00:00



Sesión de comunicacións: Cunqueiro e as tradicións literarias universais
Data de celebración: 2011-09-30 17:00:00



Sesión de comunicacións: O popular en Cunqueiro
Data de celebración: 2011-09-30 17:00:00

Conferencia: Os lugares do intelectual, Jordi Gràcia
Data de celebración: 2011-09-30 19:00:00



Conferencia: Álvaro Cunqueiro e o fetichismo sentimental, Alberto Moreiras
Data de celebración: 2011-10-01 10:00:00



Mesa redonda: Os outros mundos de Cunqueiro
Data de celebración: 2011-10-01 11:00:00



Clausura
Data de celebración: 2011-10-01 12:30:00



Conferencia: Álvaro Cunqueiro e a tradición literaria anglófona, John Rutherford
Data de celebración: 2011-10-01 13:00:00




Ficha técnica
Autoria
» Xosé María Álvarez
» Iago Castro
» Xosé M. Dasilva
» Xosé Luís Franco Grande
» Thomas Harrington
» María Xesús Lama
» Carlos P. Martínez
» Xosé Miranda
» César Antonio Molina
» César C. Morán
» Alberto Moreiras
» Manuel Outeiriño
» Martine Roux
» John Rutherford
» Francisco Salinas
» Miguel Somovilla
» Anxo Tarrío
» Rexina Vega
» Regina Zilbermann
Lugar de celebración
Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro s/n
15705 Santiago de Compostela

Paraninfo da Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña

Vigo
Auditorio Municipal de Vigo
Praza do Rei, 1
36202 Vigo