Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org
Información
Dirixidos aos profesionais do sector, os expertos e as persoas preocupadas polo galego, os Encontros pola Normalización Lingüística constitúen o único foro regular, convocado anualmente, para o estudo, a reflexión e o debate sobre a planificación lingüística en Galicia e as cuestións relacionadas coa promoción do noso idioma. A presente convocatoria será a décimo terceira, todo un fito indicativo da consolidación e madureza dunha iniciativa que naceu e se vén alimentando das suxestións, propostas e colaboracións de colectivos, profesionais e persoas comprometidas na normalización da lingua.O centro de interese dos Encontros veñen sendo as políticas lingüísticas das administracións públicas, pero considerándoas nun marco social máis amplo, sen perder de vista os asuntos que van gañando relevancia e actualidade.
Os debates sociais e políticos recrudecidos nos anos pasados colocan sobre a mesa a cuestión da lingua como elemento de cohesión social, que será tratado na primeira conferencia. Eses mesmos debates fixeron aflorar actitudes encontradas ante o galego e a normalización lingüística, algunhas das cales permaneceran latentes durante décadas: este será outro dos temas abordados na primeira xornada. Ao final desta, celebrarase unha mesa redonda sobre unha cuestión de importancia estratéxica para o futuro do galego e insuficientemente atendida ata a actualidade: os procesos de desgaleguización e regaleguización da mocidade. Como tema de preocupación tradicional, abordaremos tamén iniciativas para a disponibilización dos recursos para a normalización do galego. Por parte, ao longo do programa serán presentados distinto tipo de recursos. As políticas lingüísticas como políticas públicas, as propostas dos partidos cara ao impulso do galego das administracións locais e a situación do idioma na administración de xustiza serán outros tantos aspectos abordados na segunda xornada.
Co esforzo e a participación de todos e todas, aprendendo da propia experiencia e do coñecemento de experiencias semellantes, mediante a reflexión, o diálogo e a colaboración, esperamos seguir contribuíndo a abrir o camiño da normalización do idioma galego, o que constitúe a grande empresa que nos inspira e nos anima.
Inauguración XIII Encontros para a normalización lingüística
Data de celebración: 2011-04-28 10:00:00
Anxo M. Lorenzo Suárez
Henrique Monteagudo
Ramón Villares
Lingua, cohesión social e desenvolvemento
Data de celebración: 2011-04-28 10:15:00
Concepción Cochón
Santiago Prado
Xenéricos en monodoses
Data de celebración: 2011-04-28 11:30:00
Actitudes lingüísticas en Galicia: unha aproximación cuantitativa
Data de celebración: 2011-04-28 12:30:00
Håkan Casares Berg
Carlos Neira Cortizas
Estratexias colaborativas para a difusión dos recursos da planificación lingüística
Data de celebración: 2011-04-28 16:30:00
Manuel Bermúdez
Ángel García Vidal
Susana Guitar
Susana Mayo
videoxogo Viaxe ás Covas do Folón
Data de celebración: 2011-04-28 17:45:00
A experiencia neofalante: como achegar a mocidade ao galego?
Data de celebración: 2011-04-28 18:45:00
A promoción do galego como política pública
Data de celebración: 2011-04-29 10:00:00
Xosé Luís Barreiro Rivas
Henrique Monteagudo
Historia gráfica da normalización lingüística
Data de celebración: 2011-04-29 11:15:00
Análise da acción política no ámbito municipal
Data de celebración: 2011-04-29 12:15:00
Henrique Monteagudo
Nel Vidal Barral
Que facer desde os concellos para a promoción do galego?
Data de celebración: 2011-04-29 16:00:00
Linguagalega.tv
Data de celebración: 2011-04-29 17:15:00
O galego na Administración de Xustiza
Data de celebración: 2011-04-29 18:00:00
A xeito de conclusións
Data de celebración: 2011-04-29 19:15:00
Hemeroteca
29-04-2011Os XIII Encontros para a Normalización apuntan a necesidade dun novo impulso do papel dos concellos e a recuperación do consenso lingüístico 28-04-2011
Mañá concluirán en Santiago os XIII ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA 27-04-2011
120 profesionais e investigadores participan nos XIII Encontros para a Normalización Lingüística os días 28 e 29 de abril en Compostela
Ficha técnica
Comisión organizadora
» Manuel Bermúdez
» Concepción Cochón
» Agustín Fernández Paz
» Valentín García Gómez
» Henrique Monteagudo
» Xoán Rivas
» Goretti Sanmartín
Coordinación» Concepción Cochón
» Agustín Fernández Paz
» Valentín García Gómez
» Henrique Monteagudo
» Xoán Rivas
» Goretti Sanmartín
Colaboración
»
Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua
» Secretaría Xeral de Política Lingüística
Organización
Participantes
Lugar de celebración
» Secretaría Xeral de Política Lingüística
Auditorio e Aula 1.
Facultade de Ciencias da Comunicación.
Santiago de Compostela
Facultade de Ciencias da Comunicación.
Santiago de Compostela
