Xela Arias e Luísa Villalta

Xornada. De pioneiras e andainas

Xela Arias e Luísa Villalta

Letras, interartes, proxectos na fin de século

Mércores, 26 de marzo de 2014
Santiago de Compostela
Xornada
De pioneiras e andainas

Xela Arias e Luísa Villalta

Letras, interartes, proxectos na fin de século

Mércores, 26 de marzo de 2014 Santiago de Compostela

Os temperás falecementos de Xela Arias (1962-2003) e Luísa Villalta (1957-2004) truncaron hai dez anos unhas vidas que, sendo sen dúbida singularísimas na súa condición persoal, foron tamén representativas da progresión que desde mediados dos anos 80 supuxo a presenza das mulleres como axentes, referentes e xestoras culturais no país. Unha e outra, desde as súas localizacións prioritarias en Vigo e A Coruña, participaron en intervencións colectivas, promoveron iniciativas, exploraron relacións interculturais a través da tradución e doutras vías experienciais e discursivas e sentiron, ademais, a atracción por indagaren nos espazos intersticiais en que as diferentes artes converxen por uns ou outros motivos e derivas.


A xornada pretende manter viva a memoria da súa produción literaria, así como dos diversos vínculos que nas súas vidas ambas foron trazando con proxectos de notábel repercusión na recente historia cultural galega. A isto dedícanse as achegas que profundarán nos seus respectivos perfís estético, intelectual e político, así como as centradas directamente nas súas poéticas persoais como autoras dun relevante corpus poético e, en xeral, como escritoras. Estas análises contarán co reforzo antes mencionado de tratar de ver nelas un signo da emerxencia da presenza das mulleres -autoras no espazo cultural dos pasados anos 80 e 90 (asociacionismo, publicacións e creacións colectivas, relacións co movemento feminista, promoción de foros, etc.).


Nun marco de condición menos académica, máis marcada pola exploración interartística (música, fotografía, danza e artes escénicas, artes plásticas...), a xornada amosará, así mesmo, a vixencia do discurso literario e intelectual de Luísa Villalta e Xela Arias. A xeito dun laboratorio de prácticas no espazo interartes preséntanse, por unha banda, proxectos en que traballaban ambas as autoras cando a morte se lles presentou sen previo aviso e, por outra, intervencións ―nalgún sentido interpretativas― encomendadas a outras artistas sobre a poesía escrita polas poetas coruñesa e luguesa.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta no sitio web www.consellodacultura.org
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
Só se garantirá a distribución de material divulgativo impreso ás persoas previamente inscritas na actividade.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.org
difusion@consellodacultura.org
Consulta os materiais en http://consellodacultura.org/mediateca

Ficha técnica 
Xornada.
De pioneiras e andainas
Xela Arias e Luísa Villalta
Letras, interartes, proxectos na fin de século
Cando
Mércores, 26 de marzo de 2014
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Coordinación
Arturo Casas Vales
Ana Romaní
Autoría
Clausura
Arturo Casas Vales
Ana Romaní
Inauguración
María Xosé Agra Romero
Rosario Álvarez
Ramón Villares
Modera
Carme Vidal
Participante
Estíbaliz Espinosa
Maribel Longueira
Antón Lopo
nenoescuro
Antía Otero
Rexina Vega
Iolanda Zúñiga
Presenta
Margarita Ledo
Uxía Senlle
Dolores Vilavedra
Relator/a
Xosé María Álvarez Cáccamo
Helena González Fernández
María Xesús Nogueira
María Ruído
Organiza
Comisión de Igualdade (CCG)
Colabora
Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)
Ámbito
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)