Os arquivos e o patrimonio documental de Galicia:

Xornada.

Os arquivos e o patrimonio documental de Galicia:

Memoria pública, memoria privada, memoria social
Materiaispara un debate sobre os arquivos e o patrimonio documental

22 e 23 de novembro de 2012
Santiago de Compostela
Xornada

Os arquivos e o patrimonio documental de Galicia:

Memoria pública, memoria privada, memoria social
Materiaispara un debate sobre os arquivos e o patrimonio documental

22 e 23 de novembro de 2012 Santiago de Compostela

MATERIAIS PARA UN DEBATE SOBRE OS ARQUIVOS E O PATRIMONIO DOCUMENTAL


Na formación da memoria da sociedade, o patrimonio documental, concepto que se acha intimamente ligado aos arquivos, xoga un papel fundamental.


A memoria social constituiría a síntese da memoria pública, xerada de forma principal a través da actividade que realizan de forma continuada as administracións públicas, e da memoria privada. Esta constrúese a partir dos testemuños que a denominada sociedade civil (individuos, familias, empresas, asociacións e outras entidades non públicas) produce a cotío no desenvolvemento dos actos de natureza intelectual, artística, xurídica, económica, política, relixiosa..., que realiza no desenvolvemento das funcións que lle son propias.


Os arquivos públicos son os lugares de depósito por excelencia deste patrimonio documental, pero non os únicos. Concibir este conxunto como unha unidade, elaborar estratexias para controlalo e, sobre todo, facelo accesible, con independencia da súa propiedade ou do lugar onde se atope, son algúns dos retos aos que se enfrontan a cotío os arquiveiros, a Administración de arquivos e os teóricos da Arquivística en todo o mundo.


Noutra orde de cousas, o propio concepto de memoria social áchase ligado á denominada “Arquivística postmodernista”, desenvolvida especialmente en Canadá a partir de mediados da década dos anos de 1990, que veu poñer en cuestión, a partir da crítica da teoría Arquivística anterior e da revisión do concepto de testemuño ligado á materialidade do documento de arquivo, moitas das certezas coas que ata ese momento se abordaban procesos tan transcendentes como a avaliación e selección ou a descrición documentais.


Con estes antecedentes, este seminario aspirará a debater arredor daqueles aspectos que máis teñen que ver coa formación, control e “explotación” desa parte fundamental da memoria social que representan os arquivos. Pero non se pretende esgotar esta materia senón abordala a partir duns cantos temas considerados “chave” tanto en relación coa memoria pública como no que respecta á memoria privada.


No primeiro caso, adquire especial importancia a cuestión da formación do patrimonio documental. Existindo centros especializados no control e tratamento dese patrimonio, os arquivos, o problema non radica tanto en reflexionar sobre como deben realizar os profesionais o seu traballo senón en como articular de forma fluída a relación entre os organismos e institucións produtores de documentos e estes centros. É un debate teórico, pero tamén práctico, pois o problema da acumulación documental incide directamente nos recursos que se dediquen a almacenar, controlar, avaliar, seleccionar, eliminar, transferir, tratar e facer accesibles aqueles documentos.


No segundo, no da memoria privada, convén reflexionar antes que nada sobre cal son as mellores estratexias para que esa memoria, ou a parte máis valiosa dela, chegue a formar parte verdadeiramente da memoria social. Porque é evidente que nin todo o patrimonio documental de orixe privada pode pasar a mans públicas (a forma tradicional de facelo público), nin sempre se seguiron políticas racionais de adquisición de arquivos privados por parte das distintas administracións. Pero non por iso este patrimonio debe deixar de interesar ao conxunto da sociedade.


Por tanto, neste caso, cobra especial importancia o coñecemento dese patrimonio, moitas veces oculto, e as formas de conseguir que os seus propietarios se interesen verdadeiramente por el, o conserven de forma adecuada e o poñan a disposición do resto da sociedade, sen que iso signifique renunciar a articular fórmulas para que os arquivos públicos sigan a recibir tamén fondos privados.


Con estes criterios, propóñense os temas e os relatores que constan no programa. Este iníciase cunha introdución xeral sobre o papel do arquiveiro na preservación da memoria a cargo de Manuel Real, arquiveiro xubilado da Cámara Municipal do Porto. Seguen catro relatores principais que desenvolverán os diversos temas-chave elixidos. Como contrapunto, outros tantos retrucantes incidirán na experiencia desenvolvida en Galicia. Aspírase así a desenvolver un debate que achegue luz tanto sobre as preocupacións actuais dos profesionais dos arquivos como, sobre todo, as necesidades da sociedade en relación coa preservación e acceso á súa memoria.


Prazas esgotadas 

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia ás xornadas.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tlfno. 981957202

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN 
difusión@consellodacultura.org
Consulta os materiais en: http://consellodacultura.org/mediateca

Ficha técnica 
Xornada.
Os arquivos e o patrimonio documental de Galicia:
Memoria pública, memoria privada, memoria social
Materiaispara un debate sobre os arquivos e o patrimonio documental
Cando
22 e 23 de novembro de 2012
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tlfno. 981957202

Coordinación
Pedro López Gómez
Olimpia López Rodríguez
Dolores Pereira Oliveira
Gabriel Quiroga Barro
Modera
Pedro López Gómez
Olimpia López Rodríguez
Dolores Pereira Oliveira
Participante
Lluís Cermeno
Gloria García López
Mar García Miraz
Marina García Pita
Dolores Lestón Suárez
Estrella Llano Buján
Bieito Pérez Outeiriño
María del Carmen Prieto Ramos
Pegerto Saavedra Fernández
Concha Varela-Orol
Presenta
Gabriel Quiroga Barro
Relator/a
Mar García Miraz
Luís Hernández Olivera
Severiano Hernández Vicente
Eduardo Pardo de Guevara y Valdés
Manuel Real
Organiza
ANABAD GALICIA
Consello da Cultura Galega