Congreso Internacional Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía

Congreso.

Congreso Internacional Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía

do 6 ó 9 de abril de 2010
Congreso

Congreso Internacional Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía

do 6 ó 9 de abril de 2010
No ano 2010 cúmprese o primeiro centenario do nacemento en Bos Aires (Arxentina) de Luís Seoane, que faleceu en 1979 na Coruña, nas terras dos seus antepasados. A súa vida e obra estiveron consagradas á actividade cultural e artística, nun exercicio de dobre cidadanía, que o fixo sentirse membro das dúas patrias.

Con motivo desta efeméride, a Fundación Luís Seoane e o Consello da Cultura Galega promoven unha serie de actividades que terán lugar durante o presente ano 2010. Entre estas iniciativas encóntrase a realización do Congreso Internacional Luís Seoane. Galicia-Arxentina, unha dobre cidadanía, que se realizará en Santiago de Compostela e A Coruña entre os días 6 e 9 de abril de 2010. No programa deseñado con este motivo preténdese retratar a figura e as actividades creativas de Luís Seoane atendendo á súa dobre dirección territorial e cultural, entre a emigración e o exilio, entre as activas e diversas facetas como axente creativo e a construción dun proxecto cultural de intensa repercusión e influencia.

Complétase o conxunto de actividades coa realización de tres encontros, que terán lugar nos vindeiros meses en colaboración coas tres universidades galegas, nos que se analizarán aspectos concretos da súa actividade como artista, comunicador, escritor, produtor ou deseñador. O programa do congreso conclúe coa exposición retrospectiva que se presenta na Fundación Luís Seoane e na que se desexa compoñer unha faciana ampla e plural do seu labor artístico, para recoñecelo como un dos autores máis representativos da cultura do século XX.
Ficha técnica 
Congreso.
Congreso Internacional Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía
Cando
do 6 ó 9 de abril de 2010
Comisión organizadora
Xosé Luís Axeitos
Fernando J. Devoto
Víctor F. Freixanes
J. Manuel Gallego
Alberto Ruíz de Samaniego
Ramón Villares
Secretaría
Xosé Manuel Lens
Organiza