Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org
Información
A amplitude e intensidade que están adquirindo os debates sobre a lingua en Galicia, e moi particularmente a súa relevancia política, levounos a considerar a necesidade dun foro de reflexión sobre a situación sociolingüística de Galicia, a súa evolución recente e as fórmulas desexables para o futuro, tendo en conta o marco estatal español e o ámbito lusobrasileiro, cos que sen dúbida mantemos unha estreita relación.O seminario desenvolverase en catro sesións, ao longo dos meses de decembro de 2009 a xuño de 2010, e cada unha delas xirará arredor de varios temas monográficos. Na primeira, que terá lugar en decembro de 2009, analizarase a situación sociolingüística actual. A segunda sesión, en marzo de 2010, xirará arredor dos modelos posibles de oficialidade e mais da regulación lingüística no sistema educativo. En maio de 2010 haberá unha terceira sesión, na que se reflexionará sobre a situación sociolingüística nos medios de comunicación e no ámbito socioeconómico. O seminario pecharase cunha cuarta sesión, en xuño de 2010, na que se debaterá sobre os modelos de convivencia para o futuro e se recollerán as principais conclusións das catro sesións.
Inauguración do Seminario
Data de celebración: 2009-12-01 09:30:00
Henrique Monteagudo
Ramón Villares
Análise xeral: política e conflictos lingüísticos no Estado español
Data de celebración: 2009-12-01 10:00:00
Antón Baamonde
Albert Branchadell Gallo
Análise: política, sociedade e lingua en España e Galicia nos últimos anos.
Data de celebración: 2009-12-01 11:30:00
Fermín Bouza
Xosé Manuel Núñez Seixas
Diagnose: a política lingüística das administracións galegas nos últimos anos.
Data de celebración: 2009-12-01 16:00:00
Antón Losada Trabada
Nel Vidal Barral
Diagnose: evolución da situación sociolingüística en Galicia nos últimos anos.
Data de celebración: 2009-12-01 17:30:00
Mauro Fernández Rodríguez
Xaime Subiela
Hemeroteca
Ficha técnica
Colaboración Lugar de celebraciónConsello da Cultura Galega
