Os medios impresos e electrónicos en rede en galego

Xornada.

Os medios impresos e electrónicos en rede en galego

26 de outubro de 2010
Xornada

Os medios impresos e electrónicos en rede en galego

26 de outubro de 2010
O Arquivo de Comunicación do Consello da Cultura Galega vén desenvolvendo nos últimos anos tarefas de investigación e análise daevolución do panorama mediático no noso país. Así pois, e dende unha perspectiva histórica realizáronse recuperacións e estudos sobre os medios de comunicación pioneiros na historia de Galicia tanto pola súa aparición (El Catón compostelano, 1800; Primeiros diarios galegos (1808-1809); pola repercusión de cabeceiras e figuras xornalísticas (Xornalistas galegos con opinión ou recompilación de artigos de autores como Suárez Picallo, Blanco Amor, Lorenzo Varela, Curros Enríquez) como polo uso do galego (Proxecto Papés d´emprenta condenada). Así mesmo e dende aquel primeiro informe da comunicación que este ano cumpre vinte anos de existencia (Informe da Comunicación en Galicia, 1990), diversos expertos en comunicación das universidades galegas analizan a evolución do hipersector dacomunicación en todos os seus eidos: televisión, gabinetes, radio, prensa, produción audiovisual, cinema, publicidade..., para ofrecernos en cada informe unha fotografía nítida da evolución económica e de contidos dos medios.

O último informe da comunicación (2010) apuntaba que os efectos da crise económica nos medios galegos estaban a facerse sentir e que o sector vive unha fase de importantes cambios. Aprezouse que a oferta mediática seguía reforzándose con novas canles pero os avances no emprego do galego non camiñaban ao mesmo ritmo e, incidíase, preséntanse importantes retos pendentes neste ámbito. Sen dúbida, o transcurso dos acontecementos pon de manifesto a necesidade dunha reflexión e debate sobre a situación actual dos medios impresos e electrónicos en rede en galego, tanto do panorama do presente como dos desafíos. Por tal motivo organizouse a celebración dunha xornada de reflexión e diálogo en que diferentes responsables de medios en galego debateron sobre asuntos determinantes e de absoluta actualidade como é a política da Xunta en relación cos medios, o actual panorama informativo en galego ou a análise do marco económico dos medios impresos e electrónicos en Galicia.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Ficha técnica 
Xornada.
Os medios impresos e electrónicos en rede en galego
Cando
26 de outubro de 2010
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202

Autoría
Alfonso Cabaleiro
Francisco Campos Freire
Xavier Cea Otero
Alfonso Eiré
Víctor F. Freixanes
Valentín Alejandro Martínez Fernández
Xosé Manuel Pereiro
Alfonso Á. Riveiro
Guillermo Rodríguez
Organiza
Consello da Cultura Galega