Guerra Civil (1936-1939) e literatura galega

Xornada.

Guerra Civil (1936-1939) e literatura galega

Do 14 ao 16 de decembro de 1999
Xornada

Guerra Civil (1936-1939) e literatura galega

Do 14 ao 16 de decembro de 1999
Co patrocinio do Consello da Cultura Galega celebráronse en Santiago de Compostela, na sede desta institución, os días 14, 15 e 16 de decembro de 1999, unhas Xornadas de estudio e debate sobre o tema “Guerra Civil e Literatura Galega”. Tiveron lugar no ano en que se cumpriron sesenta do final da Guerra Civil, data axeitada para examinar, con perspectiva, como influíu aquel cruento suceso na literatura formulada —ou formulable— en lingua galega. Por outra parte, este período da nosa literatura hai tempo que reclama novos estudios e reflexións, sobre todo a partir dos traballos de Claudio Rodríguez Fer e algún outro estudioso. O noso programa proponse, no fundamental, que nos asomemos á biografía e ás páxinas daqueles escritores —e algunha escritora— pouco estudiados ata o de agora, e mesmo algún orfo de calquera aproximación, que desenvolveron o seu labor no trienio 1936-1939, aínda que nalgunha ocasión tamén se terán en conta os primeiros anos da posguerra por confirmaren determinadas evolucións persoais.
Ficha técnica 
Xornada.
Guerra Civil (1936-1939) e literatura galega
Cando
Do 14 ao 16 de decembro de 1999