consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


III Congreso Luso-Galego de Estudos Xornalísticos
congreso | Do 4 ao 5 de novembro de 2004
Información
Ao longo das últimas décadas Galicia e Portugal estiveron sometidas a numerosas transformacións de todas as ordes dentro do novo contexto europeo. Cambios políticos, sociais, económicos e culturais achegan e, ao mesmo tempo, diferencian a dous países cunha historia que conflúe como se a fronteira fose un río que avanza e retrocede formando relanzos e rápidos segundo a estación. E como a fronteira é verdadeiramente un río caudaloso, as marxes son elásticas e a comunicación é posible. Proba disto foi a candidatura de patrimonio inmaterial galego-portugués á UNESCO do programa de radio Ponte… nas ondas, unha experiencia de
radio interescolar, que demostra ademais que os máis novos xa souberon entender que o río une máis do que separa.

No congreso abordáronse moi diversos temas, entre eles os usos dos medios no ensino, as confluencias entre xornalismo e literatura, a actualidade das industrias
culturais ou a situación do sector audiovisual. Ademais, as comunicación presentadas permiten recoñecer as teimas dos investigadores máis novos que navegan nas augas mestas do estudo histórico, a análise sincrónica e as proxeccións futuras do hipersector da comunicación. Todas as achegas constrúen un discurso investigador plural que nos permite afondar nas relacións comunicativas entre Galicia e Portugal, as dúas beiras do mesmo río.


Ficha técnica
Lugar de celebración