consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

O voto emigrante. Actas do debate realizado en 2008

Baixar aquí o pdf
/ 2010 /

DATOS DO EVENTO

O voto emigrante
1 de febreiro de 2008

TEMÁTICAS

entidades


Todas as intervencións e así mesmo os relatorios desta sesión de febreiro de 2008 quedaron gravados como testemuño das opinións e conclusións ás que os participantes chegaron. Como é sabido, desde o pasado mes de abril deste ano, o voto exterior volve ser o protagonista na vida política tras o acordo ao que chegaron os partidos políticos no Congreso dos Deputados para a súa revisión, no marco dunha reforma da lei electoral. A posible modificación impediríalles aos mais de 1,3 millóns de emigrantes españois exercer o seu dereito a voto no ámbito municipal.
O Consello da Cultura Galega, na súa función como institución autonómica de carácter asesor e consultivo e como coñecedor da importancia que o tema do voto exterior representa para a vida política galega e por suposto para a emigración, que desempeña, desde sempre, un papel relevante para a historia de Galicia, quere contribuír, coa publicación daquel Foro de reflexión sobre o voto emigrante, a racionalizar o debate que se está a producir nestes últimos tempos.


Código QR para a descarga
Arquivo da Emigración Galega O voto emigrante : actas do debate realizado en 2008 / Arquivo da Emigración Galega. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2010. — 106 p. ; 28 cm + 1 CD. — (Documentos e informes ; 15) D.L. C 2512-2010. — ISBN 978-84-92923-07-6 1. Eleccións-Galicia-Congresos e asembleas. 2. Galicia-Emigración-Congresos e asembleas. I. Consello da Cultura Galega. II. Título