consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Guerra civil (1936-1939) e literatura galega: textos e documentos para unhas xornadas de estudio e debate


Esta publicación recolle material empregado polos relatores que participaron nas xornadas "Guerra Civil (1936-1939) e literatura galega", celebradas no Consello da Cultura Galega en 1999. Reproduce cartas, poesía e prosa de escritores que desenvolveron o seu traballo no trienio 1936-1939, e outro material de utilidade para analizar a literatura galega naquel tráxico momento histórico.

O presente volume contén textos e documentos que, dun xeito ou doutro, foron tidos en conta polos relatores e comunicantes, o que foi útil para eles e, máis aínda, para os asistentes ás Xornadas. Estes, por outra parte, atoparon neste volume páxinas (non só aquelas que son inéditas) que se propoñen suscitar reflexións ou novos estudios ou encontros futuros.
Engadamos, finalmente, que este volume é o primeiro no xénero: tal é a incuria diante deste tema entre nós.


Código QR para a descarga
Guerra civil (1936-1939) e literatura galega : (textos e documentos para
unhas xornadas de estudio e debate) / edición de Xesús Alonso
Montero e Miro Villar. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura
Galega, Ponencia de Lingua, 1999. — 111 p. ; 24 cm
DL VG-999-1999. — ISBN 84-95415-00-3
1. Literatura galega-S. XX-Historia e crítica. I. Alonso Montero, Xesús,
ed. II. Villar, Miro, ed. III. Título.
869.9.09”1936/39”