consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Resposta escontra unha inxuria. Romance de cego


O profesor Xesús Alonso Montero e o escritor e filólogo Miro Villar editaron este facsímile dun curioso romance de cego que se empregou como propaganda para o bando franquista durante a Guerra Civil.

Anexo á obra de Guerra Civil (1936-1939) e literatura galega: textos e documentos para unhas xornadas de estudio e debate, material empregado polos relatores que participaron nas xornadas "Guerra Civil (1936-1939) e literatura galega", celebradas no Consello da Cultura Galega en 1999. Reproduce cartas, poesía e prosa de escritores que desenvolveron o seu traballo no trienio 1936-1939, e outro material de utilidade para analizar a literatura galega naquel tráxico momento histórico.


Código QR para a descarga
Resposta escontra unha inxuria. Romance de cego
Alonso Montero, X; Villar, M.
Facsímile de Romance de Cego
1999 Consello da Cultura Galega