consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Actas dos IV Encontros pola Normalización Lingüística


Publicación na que se recollen as Actas da cuarta edición dos Encontros para a Normalización Lingüística que se desenvolveron entre o 9 e o 10 de novembro de 2000.

Nas portas do Ano Europeo das Linguas cómpre reflexionarmos sobre a estructuración desta diversa realidade lingüística, así como do lugar que o galego ocupa na súa construcción. Os IV Encontros para a Normalización Lingüística ofrécennos, a través das achegas de recoñecidos
investigadores, unha nova aproximación á situación sociolingüística de Europa.
Ó mesmo tempo, respondendo á crecente demanda de formación nas áreas académica e profesional, afondamos tamén na situación do idioma en diversos ámbitos sociais, como a xustiza, a igrexa, a sanidade ou a publicidade.
O tratamento doutras cuestións, como a onomástica, a estandardización ou a calidade e xestión lingüísticas, pechan estes IV Encontros, constituídos xa como foro anual de exposición e debate para os axentes normalizadores da nosa lingua.


Código QR para a descarga
ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (4º. 2000. Santiago de Compostela)
Actas dos IV Encontros para a Normalización Lingüística
[celebrados en Santiago de Compostela os días] 9 e 10 de novembro de 2000 / [organizados polo] Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística, 2002. — 316
p.; 22 cm. — (Colección Base)
DL. VG. 664/02 — ISBN 84-95415-54-2
1. Lingua galega-Normalización-Congresos e asembleas.
I. Consello da Cultura Galega. Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística. II. Título
811.134.4’272(063)