consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Vol II


A Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega presenta o segundo volume do seu informe sobre o proceso de normalización do idioma galego. O informe está coordinado por Henrique Monteagudo e Xan M. Bouzada e os seus autores son Xan Bouzada Fernández, Agustín Fernández Paz e Anxo M. Lorenzo Suárez.

No presente limiar, imos expor de forma sintética os contidos e obxectivos do proxecto O proceso de normalización lingüística do idioma galego (1980-2000), impulsado pola Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega, e que nunha primeira fase recibiu financiamento da Comisión Europea. O Consello da Cultura Galega é unha institución oficial de rango estatutario. A súa creación prevese no Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981; art. 32), e foi establecido por Lei do Parlamento galego (Lei 8/1983). Trátase dun organismo consultivo e asesor, plenamente autónomo respecto dos poderes políticos, re p resentativo dos diferentes sectores e institucións da cultura de Galicia. Entre as funcións do Consello atópanse as de “analizar cantas cuestións se refiran ó patrimonio cultural e fomentar a lingua e a cultura galegas”, “investigar e valorar as necesidades culturais do pobo galego”, “asesorar e consultar os poderes da Comunidade Autónoma” e mais “elevar ós poderes da Comunidade Autónoma informes e propostas a favor da defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego” (Lei 8/1983, tít. II, art. 6).
O labor do Consello da Cultura Galega estructúrase por seccións, das cales, unha é a de Lingua Galega. O traballo que presentamos debe comprenderse, pois, nese marco institucional: trátase dun estudio promovido polo Consello da Cultura Galega, a través da súa Sección de Lingua, con vistas a que a propia institución elabore recomendacións relativas ás políticas públicas de promoción do idioma galego. O noso proxecto foi emprendido a finais de 1998, e será culminado ó remate de 2002, coa publicación dos seus resultados en catro volumes, dos cales o presente é
o segundo.


Código QR para a descarga
BOUZADA FERNÁNDEZ, XAN M.
O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume II : Educación / Xan M. Bouzada Fernández, Agustín Fernández Paz, Anxo M. Lorenzo Suárez ; coordinadores Henrique Monteagudo e Xan Bouzada. —
Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, Sección de Lingua, 2002. — 387 p. ; 22 cm. — (Colección Base)
DL C-2922-02. — ISBN 84-95415-67-4
1. Lingua galega-Normalización. I. Fernández Paz, Agustín. II. Lorenzo Suárez, Anxo M. III. Monteagudo, Henrique. IV. Consello da Cultura Galega.
Sección de Lingua. V. Título