consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

A natureza ameazada


Esta monumental obra, editada por Ernesto Viéitez Cortizo e José Manuel Rey Salgado, realiza un minucioso inventario da flora, da fauna e dos puntos de interese xeolóxico da Comunidade que están en perigo real ou potencial. Máis alá do diagnóstico da situación, o estudo pretende constituír un marco de referenza que axude aos xestores a establecer prioridades na conservación da natureza galega ante as ameazas causadas polo desenvolvemento urbano, rural e industrial.

A perda xeneralizada da biodiversidade silvestre constitúe un problema global que afecta a todo o planeta. Unha resposta a esta deterioración levou á aparición da Bioloxía da Conservación como ciencia ao servizo da protección da natureza, co obxectivo fundamental de diagnosticar e previr as causas que a provocan. Galicia mantivo un patrimonio natural ben conservado, considerado como dos máis ricos do sudoccidente europeo. Malia a súa biodiversidade, como consecuencia do desenvolvemento socioeconómico sufriu unha progresiva e constante deterioración. Afrontar unha xestión realista co fin de paliar e conter tal detrimento esixe un primeiro diagnóstico, que é o que pretende o presente libro.


Código QR para a descarga
A natureza ameazada 2004 / editores, Ernesto Viéitez Cortizo, José Miguel Rey Salgado. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, Sección de Patrimonio Natural,
2005. — 835 p. : il. ; 22 cm. — (Colección Base) / D.L. C-002-05. — ISBN 84-95415-97-6
1. Flora-Galicia-Guías. 2. Fauna-Galicia-Guías. I. Viéitez Cortizo, Ernesto. II. Rey Salgado, José Miguel. III. Consello da Cultura Galega. Sección de Patrimonio Natural. IV. Título