consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Xaquín Lorenzo


Xaquín Lorenzo Xocas foi un dos etnógrafos máis destacados do país. No ano 2004 a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas e o Consello da Cultura Galega correspondeu editando este volume 20 da colección As Nosas Voces do Arquivo Sonoro de Galicia. A presente gravación é unha escolma de fragmentos de entrevistas xornalísticas a Xaquín Lorenzo, realizadas pola Radio Galega, Manuel Guede, Alfredo Vara e Afonso Vázquez-Monxardín e nelas Xaquín Lorenzo reflexiona sobre a súa vida e o seu traballo por Galicia e o agro do país.



Código QR para a descarga
As Nosas Voces, 20