consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Avilés de Taramancos


Nos anos 70 Antón Avilés de Taramancos gravou na súa casa de Cali (Colombia) os seus Poemas da ausencia, que despois se publicarían en Noia no ano 1982, no volume O tempo no espello. No 2003, coincidindo co Día das Letras Galegas dedicado a Antón Avilés de Taramancos, o Arquivo Sonoro de Galicia editou o volume 19 da colección As nosas voces, reunindo estes poemas e algunhas entrevistas concedidas por Avilés nas que reflexiona sobre a súa vida, a poesía e Galicia.



Código QR para a descarga
As Nosas Voces, 19