Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org
Canto do pobo disperso
O Consello da Cultura Galega presenta o poemario Canto do pobo disperso, transcrición e facsímile dun inédito de Valentín Paz Andrade, escrito en Bogotá (Colombia) en 1955. A institución contribúe así tradicionalmente á celebración do Día das Letras Galegas coa publicación dunha peza senlleira da figura homenaxeada. A edición estivo ao coidado de María Xesús Lama, profesora da Universidade de Barcelona, e autora do estudo introdutorio.
