A seguir achegamos unha selección básica de recursos en liña distribuídos segundo as tres áreas clásicas de traballo en que se organizan os servizos de normalización lingüística: asesoramento, dinamización e formación.
Para completar a información, ofrecemos tamén as ligazóns aos sitios dos SNL que xestionan información e servizos lingüísticos a través da rede.
Aquelas persoas que desexen acceder a unha compilación máis ampla de recursos lingüísticos en Internet teñen a opción de visitar De Bolina, libro de marcadores integrado no web do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.