Os materiais xerados polas actividades de dinamización lingüística realizadas en Galicia constitúe, dentro dos fondos do CDSG, un conxunto único, tanto pola súa especificidade como pola súa heteroxeneidade.
Con todo, a súa valía non reside só no que este fondo ten de mostra histórica, senón tamén no apoio documental que pode representar para todos aqueles profesionais que estean a planificar campañas ou iniciativas de dinamización en ámbitos sociais similares.
Nesta sección achegamos unha mostra de materiais xerados nos SNL galegos en iniciativas destinadas a incidir nos usos e actitudes lingüísticas de diferentes colectivos sociais.