Este produto documental, que demos en chamar Kit para a Normalización da Lingua, é o froito de 10 anos de colaboración entre o CDSG e os diferentes axentes sociais dinamizadores que están a traballar no país a prol da normalización do idioma galego.

O CDSG presta servizo documental a colectivos sociais e profesionais diversos, e en xeral a toda a sociedade galega, mais é cos técnicos/as de normalización da lingua cos que o noso centro se sente especialmente en débeda. Foron eles os que, hai xa unha década, demandaron a creación dun centro das nosas características e son eles os que, unha década despois, seguen a nutrir o groso do noso fondo documental e a requirir a maior parte dos nosos servizos.

Non atopamos mellor homenaxe para todos eles que celebrar o décimo aniversario do CDSG devolvéndolles, tras a pertinente xestión e elaboración documental, o froito do seu propio traballo, coa certeza de que servirá de guía e inspiración para todos os novos técnicos e técnicas que agora se inician no labor normalizador.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


créditos