Neste espazo ofrecemos unha selección de documentos inéditos xerados no traballo interno dos diferentes servizos de normalización lingüística existentes no país.
Esta tipoloxía documental, de difícil acceso a través das canles habituais de distribución, permite coñecer a intrahistoria do labor normalizador e ao tempo, sérvelles de guía e modelo aos técnicos/as de normalización lingüística que teñen que elaborar os seus propios estudos sociolingüísticos internos, memorias anuais de actividades ou proxectos de campañas de dinamización.