|
PLENO
Ramón
Yzquierdo Perrín, Real Academia de Belas Artes
Licenciado en
Filosofía e Letras, sección de Historia na Universidade de Santiago
en xuño de 1970. Doutor en Historia da Arte pola Universidade en
setembro de 1976. Desde xuño de 1970 e ata outubro de 1995, formou
parte do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago
en calidade de profesor numerario. Desde esa data, é catedrático
de Historia da Arte da Universidade da Coruña, dispensando docencia
e levando adiante labores de investigación, centradas na área de
Historia da Arte.
En 1989 foi elixido académico correspondente da Real Academia Galega
de Belas Artes de Galicia e, en 1993, ocupou o posto de Académico
de Número nesta. Desde 1986 colabora habitualmente coa Excma. Deputación
Provincial de Lugo, coordinando equipos de investigación dos percorridos
dos diferentes Camiños de Santiago no seu tramo lucense e na organización
e dirección da maioría das Semanas de Estudios Históricos convocadas
e patrocinadas pola Deputación.
Desde a súa constitución, en 1992, forma parte do Consello de Fábrica
da catedral de Santiago, participa en congresos nacionais e internacionais
de Historia da Arte, en numerosos ciclos de conferencias, reunións
científicas, así como na elaboración de proxectos de restauración,
informes, e outras actividades nese ámbito. Desde 1995, xunto co
profesor Dr. D. Ramón Otero Túñez, ocúpase dos estudios relativos
á reconstrucción dunha parte significativa do cadeirado pétreo do
coro do Mestre Mateo. En 1997 tivo unha significativa intervención
na exposición que sobre a arte medieval tivo lugar na catedral de
Ourense, dentro do proxecto Galicia, terra única.
Desde finais dese mesmo ano, en representación da Real Academia
Galega de Belas Artes de Galicia, forma parte do Consello da Cultura
Galega, e foi integrado nas comisións de Artes Plásticas e Patrimonio
Histórico. En 1998 foi nomeado representante do Consello na Comisión
Superior de Bens Culturais de Interese para Galicia e, ó ano seguinte,
é comisario da exposición Santiago e os Camiños de Santiago.
Obra e fotografía de Manuel Chamoso Lamas, que formou parte
do programa da Consellería de Cultura dentro do Xacobeo 99.
No ano 2000 foi elixido académico correspondente, da sección de
Competentes en Arte, da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando
e, xa no 2001, pasa a ocupar un posto como membro do Consello da
Cultura e n a Excma. Deputación de Lugo. Autor de numerosísimas
obras desde 1967, a última delas é Arquitectura románica no municipio
de Agolada. XIX Ruta Cicloturística del románico internacional,
publicada no ano 2001.
|