DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións











PLENO

Ramón Villares Paz

Ramón Villares é membro electo do Pleno do Consello da Cultura Galega desde 2003, ano no que comezou a dirixir o seu Arquivo da Emigración Galega e a Sección de Cultura Galega no Exterior. É Doutor en Historia desde 1980 e Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 1987. 0 20 de abril de 2006 foi elixido presidente do Consello da Cultura Galega.

É autor de máis de setenta publicacións, entre as que destacan libros como La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936, (1982), Foros, frades e fidalgos, Estudos de historia social de Galicia, (1982), Galicia. A Historia, (1984) (con versión en lingua española e portuguesa), Figuras da nación, (1997), El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, (2001) (en colaboración con A. Bahomonde) e Historia de Galicia (2004). Tamén foi editor de libros como Donos de seu, (1988) e de Señores y campesinos en la península ibérica, siglos XVIII-XX, (1991) (en colaboración con Pegerto Saavedra).

Decano da Facultade de Xeografía e Historia (1986-1990) e Rector Magnifico da Universidade de Santiago (1990-1994), membro fundador e Presidente (1996-2002) da Asociación española de Historia Contemporánea, foi Director en Galicia da UIMP desde 1998 ata 2006. Dirixiu dezaseis Teses de doutoramento e vinte Memorias de Licenciatura, ademais de ter sido tamén Investigador Principal de cinco Proxectos de Investigación (CYCIT e Xunta de Galicia), así como de varios Convenios de Asistencia Técnica.

Realizou estadías de investigación na Universidade de Bologna (Italia) e no centro "Alcide Cervi" de Roma, ademais de ser Profesor convidado na Ecole de Hautes Etudes (París) e no Instituto de Ciencias Sociais (Lisboa). Forma parte do Consello Editorial de Marcial Pons, Ediciones de Historia e pertence ao consello asesor de revistas como Ayer (M.Pons Ediciones de Historia), Historia Social (Valencia), Hispania (Madrid), Ler Historia (Lisboa) ou Perspectivas Históricas (México).



 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205