DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións











Ramón Castromil Ventureira

Licenciado en Dereito, ilustre concertista de piano, foi alumno do Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde o tribunal, por unanimidade, decidiu outorgarlle o primeiro Premio Fin de Carreira.

Académico numerario da Real Academia de Belas Artes de Galicia, Ramón Castromil foi vicepresidente do Consello da Cultura Galega, entidade na que tamén ocupa os postos de coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas e director do Arquivo Sonoro de Galicia.

Coñecido pola súa relación coa empresa familiar de transporte de viaxeiros, a máis emblemática do país, durante moitos anos foi presidente do consello de administración e conselleiro delegado de Castromil, responsabilidades que abandonou en 1997 para ocupa-lo posto de profesor de excepción do Conservatorio de Música de Santiago, dependente da Real Sociedade Económica de Amigos do País.

Casado e pai de cinco fillas e dous fillos, Ramón Castromil participou en numerosos concertos coa Real Filharmonía de Galicia e coa Orquestra Sinfónica de Galicia, ademáis de dar mostras do seu virtuosismo en concertos ofrecidos no Auditorio de Galicia, baixo a dirección do prestixioso director compostelán Maximino Zumalave. O Día das Letras Galegas 2005 foi distinguido pola Xunta co Premio das Letras e das Artes polo seu traballo no campo da música.

 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205