DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións











PLENO

Senén Barro Ameneiro, Universidade de Santiago

Naceu en As Pontes, A Coruña en 1962.

Obtivo os graos de licenciado e doutor (premio extraordinario) en Física pola USC. É Catedrático da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial desde 1995. É director do Departamento de Electrónica e Computación da USC dende 1993. Membro do Claustro da USC dende 1994 e membro da Xunta de Goberno dende 1996.

Posúe unha ampla experiencia docente en materias de 1º, 2º e 3º ciclo, nas áreas de coñecemento de Electrónica e de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, e máis no desenvolvemento de contidos docentes en distintos formatos, incluída a docencia virtual. Preocupado por dar a coñecer a todos os niveis a súa disciplina e o seu traballo, no que prioriza os ámbitos multidisciplinares e as aplicacións de interese social (telemedicina, tecnoloxías para o ensino e a aprendizaxe…), imparte conferencias e participa con asiduidade nos medios de comunicación para tratar estes temas.

É editor de cinco libros, autor de preto de 200 artigos científicos, e é membro dos comités científicos e editoriais de numerosos congresos e revistas de ámbito español e internacional. Foi Vocal da "Asociación Española para las Tecnologías y Lógica Fuzzy" e da "EUropean Society for Fuzzy Logic And Technology" entre 1996 e 1999.
Fixo estadías de investigación en diversas Universidades estranxeiras, entre elas: Universidade de South Florida EE.UU (Department of Computer Science and Engineering); Universidade de California, en Berkeley, EE.UU (Department of Electrical Engineering and Computer Sciences); Universidade de Bristol, Reino Unido (Department of Engineering Mathematics).

Fundou e dirixe o Grupo de Sistemas Intelixentes, que conta na actualidade con 24 membros. Dito grupo orienta a súa investigación a múltiples campos (procesamento de sinais, sistemas baseados en coñecemento, robótica móbil, sistemas borrosos intelixentes, e computación neural).

 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205